NOVAS RUTAS HOMOLOGADAS

PR-G 157 – Roteiro Augas Mestas – Doade 
É unha ruta de 28km de dificultade moi alta. Algunhos dos puntos de interese que poderemos ver son; a Ermida de San Mauro, o Miradoiro Pena do Castelo, viticultura heroica, e vistas do Canón do Sil.
Ver ruta 

PR-G 148 – Camiño da ribeira: do río Anllóns ao mar de Corme 
É unha ruta de 16’85km situada no Concello de Ponteceso, de dificultade baixa. A ruta principal é de 11’1km e a variante é de 5’75km.
Ver ruta 

PR-G 147 – As Fragas da Ribeira e Lostegal 
No Concello das Pontes de García Rodríguez poderemos encontrar esta ruta de 18’9 quilómetros, que transcurre xunto ao río Eume entre os Lugares de Interese Comuniaria (LIC) da Serra do Xistral e o Parque Natural das Fragas do Eume.
Ver ruta 

REDE DE RUTAS DA TERRA CHÁ
PR-G 151 – Ruta das Lagoas
Esta ruta de 14 quilómetros que está no Concello de Cospeito, permite coñecer unha das sendas máis longas da Rede de Sendeiros da Terra Chá, así como a ben afamada Lagoa de Cospeito, que é un dos humidais máis importantes de Galicia.

PR-G 152 – Ruta dos Muíños
Esta ruta de 5 quilómetros no Concello de Abadín, une Cabo de VIla con Alaxe ao longo dun fermoso percorrido no que se poden vistiar os muíños do rego de Rodeiro e camiñar xunto ao río Anllo.

PR-G 153 – Augas de Fomiñá 
Esta ruta de máis de 12 quilómetros que está no Concello da Pastoriza, transcurre xunto ao río Miño, nun variado percorrido que une as áreas recreativas de Fomiñá e de Baltar.

PR-G 154 – Ruta do Azúmara
Esta ruta de 7 quilómetros no Concello de Castro de Rei, une o Castro de Viladonga con Castro de Rei ao longo dun fermoso percorrido no que camiñaremos polas beiras do río Azúmara.

PR-G 155 – Miradoiro da Terra Chá
Esta ruta de menos de 20 quilómetros que está no Concello de Outeiro de Rei, é unha ruta onde se combina etnografía e natureza, nun percorrido que une a parroquia de Gaioso (Santiago) coa de Francos.
Ver rutas

Share Button
This entry was posted in SENDEIRISMO. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA