XXII DESCENSO DE BARRANCOS DA FGM ANO 2016

F1000027O descenso de barrancos deste ano 2016 levarase a cabo no río Fafiao (Portugal) o domingo día 10 de xullo.
Poderase pernoctar o sábado día 9 no refuxio de Albite da FGM. A actividade está organizada polo Clube de Montaña Xistra, a este clube e a onde hai que enviar as inscricións. Inscricións e información pinchado aquí.

PROGRAMA

  • Día 9 – Posible recepción e durmida no refuxio de Albite (Xurés) – FGM [Prezo 5€/noite]
  • Día 10 – Actividade oficial.
    7:30h: Recollida e limpeza do Refuxio de Albite.
    8:00h: Agrupamento de participantes en Lobios (Bar “O Lusitano”).
    8:15h – 9:45h: Aproximación e inicio barranco.
    15:00h Xantar (opcional). [O prezo será aproximadamente uns 10€] 17h: Clausura actividade.

REGULAMENTO

  1. Esta actividade terá lugar o día 10 de xullo de 2016. O lugar e a data do descenso poderán mudar en función do caudal do río, de cuestións de seguridade e doutras consideracións da Organización.
  2. Poderán participar unicamente montañeiros federados con licenza deportiva que cubra esta actividade, coa experiencia mínima necesaria e que mostren condicións físicas adecuadas.
  3. Os deportistas deberán ir provistos do material e prendas adecuadas para a actividade: neopreno ou prendas aptas para a auga, casco, arnés, oito, comida para o descenso e demais material da actividade.
  4. A organización poderá vetar a participación de calquera deportista que non cumpra dos puntos 2 e 3, cuestión que non exime ós participantes da súa responsabilidade persoal e total se son admitidos.
  5. O material colectivo levarao a Organización.
  6. As inscricións efectuaranse na Web do Clube de Montaña Xistra www.xistra.org, antes do día 7 de xullo (xoves).
  7. Os participantes nesta actividade asumen a aceptación completa deste regulamento. Calquera cuestión ou dúbida será resolta pola Organización, e a súa decisión será de obrigado cumprimento.
  8. Os participantes comprométense a seren respectuosos ó máximo co entorno. Queda prohibido totalmente deixar lixo ou residuos.
  9. A Organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.
  10. SÓ PODERÁN PARTICIPAR ÓS FEDERADOS QUE PRESENTEN CUMPRIMENTADA A FOLLA DE INSCRICIÓN OBRIGATORIA VIXENTE E DISPOÑIBLE NA PÁXINA WEB DA FEDERACIÓN.

Tríptico da actividade.

DescensoBarrancos 2016

 

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, BARRANCOS, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA