XLVIII Campamento e marcha infantil/xuvenil

Esta fin de semana tivo lugar o XLVIII Campamento e Marcha Infantil/Xuvenil da FGM organizado por a Agrupación de Montañeros Independentes (AMI).

A actividade que estivo moi ben planificada por parte da organización elixindo como zona a serra do Courel e utilizado con moi bo criterio o refuxio que ten a federación na Seara.

O primero día, a medida que forón chegando os paticipantes do encontro, estes foronse sumando as actividades lúdicas que forón realizando os diferentes monitores do clube organizador para romper o xeo.

Agradecer pola esplendida cea que organizou Mariquiña a cabeza da cociña. Ofreceuse con moito traballo e entusiamo a todos os participantes infantis-xuvenis e os maiores acompañantes que o desexaron, esta estivo amenizada con xogos cooperativos para entreter os rapaces.

Posteriormente tocaba a retirada as liteiras, xa que o día seguinte tocaba camiñar.

Pola mañá cedo, fíxose un almorzo saudable para os participantes e acompañantes con moita froita. Comezouse a caminar pola fresca para ascender o pico mais alto da Serra do Courel “O Formigueiro”. Subiuse por unha senda circular co valor engadido de non repetir o percorrido.

Temos que mencinar que nesta saída primaba ante todo o grupo mais que o individualismo, onde en todo momento tratábase de que todos os rapaces chegaran a facer xuntos o cumio. Nótabase o bo facer e os ánimos de Alfredo o responsable da sección infantil do Clube Peña Trevinca Montañeiros de Galicia de Vigo xa que fixeronse todas as paradas precisas e animábase os mais cansos en todo momento.

Xa de volta no refuxio, unha boa comida e por último … colaborar todos nas tarefas de limpeza do noso refuxio.

Unha fin de semana con xogos, cea e almorzo comunitario, durmida en grupo nas liteiras cos sacos, ascensión e novas amistades montañeiras fora do círculo inmediato dos rapaces.

Por parte da FGM queremos dar as gracias a todos os participantes e sobre todo a AMI, o clube organizador por todo o esforzo que supón está actividade.

¡NORABOA A TODOS!

 

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, SENDEIRISMO, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • PROGRAMA Eu son DGAN

    eu son dgan

  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2018 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • METEOROLOXÍA