UN NOVO PASO NA ESCALADA EN GALICIA

Dende esta páxina queremos felicitar a José A Villar, director do CTE e vogal de Escalada da FGM, polo seu recente encadeamento no Faro de Budiño, do que será posiblemente a vía de escalada de autoprotección máis difícil de Galicia. Magnífico encadeamento en libre dunha vía que naceu en artificial. Non podemos dicir nada máis que parabens e que o seu estado de forma vai máis alá dos cincoenta. Desfrutade coas imáxes da vía.

Engadimos párrafo escrito por José e fotos do seu encadeamento.

“04/05/17, 15:10:41. Jose A Villar: 44 anos despois de que Santi Suárez e a súa compañeira Ana, subiran e cotaran como A2 o segundo longo da Tximist, a media maña do 28 de abril consigo encadear en estilo limpo esta emblemática liña. Xa nos anos 90 Miguel Seoane contempla a posibilidade de liberala e fixa dous parabolts na sección crítica, que el consideraba de improbable protección. Hai aproximadamente  4 anos fago a miña primeira visita a ruta, coa motivación de atopar un novo proxecto en autoproteccion. Atopome diante dunha liña espectacular e factible sen empregar os dous parabolts. Aquí comeza un dilatado e complexo proceso de traballo que remata satisfactoriamente. A ubicación da vía, cara norte e segundo longo, non facilitan os ensaios. Son moi poucos os días do ano no que esta operativa, unhas veces o frío outras a auga e outras o exceso de temperatura e contando que teño que enganar a algún “penitente ” que me asegure; so teño 3 ou 4 opcions o longo do ano para traballala. Pero como o qué a sigue a consigue, este  venres maxico de abril, alineanse os astros e podo bicar a reunión, despois de meter doce friends e loitar cos seus trinta metros. Un día imborrable acompañado e asegurado por Jose Juan, o responsable de despertar de novo a paison que sempre tiven pola autoproteccion e que agardaba latente un empurronciño. Grazas Juanito por estar aquí hoxe e por todos estes anos de complicidade e amizade.”

Share Button
This entry was posted in ESCALADA. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA