Tecnificación

equip 1Todos nós coñecemos o problema xurdido cas ancoraxes expansivas, parabolts, nas nosas zonas costeiras. Posiblemente esta situación dase polo material de fabricación das ancoraxes, non é da calidade que anuncian, combinado coa acción das sais mariñas que aceleran todos os procesos corrosivos. O máis problemático é que moitas ancoraxes non amosaban signos externos da súa corrosión interna e debilitamento. Solución, retirada de todas elas e sustitución por ancoraxes de maior calidade no metal e suxeción á rocha. As ancoraxes chamadas químicas.

Químico instalado 1Que son as ancoraxes químicas para os escaladores? Unha combinación dunha ancoraxe metálica en aceiro inoxidable de alta calidade, chamada tensor, máis unha resina, adhesivo, que actúa como pegamento entre a ancoraxe e a rocha. A capacidade de adhesión das resinas é tan forte, que nestes momentos están consideradas os “pegamentos” máis fortes. Xurdiron na construción e empréganse en aeronáutica, construción naval e outras moitas aplicacións industriais.

Atopamos resinas epoxi, epoxi acrílicas e de poliéster. Nós empregamos as resinas epoxi ou epoxi acrílicas, as de poliéster as descartamos polos resultados de ensaios de laboratorio pouco axeitadas as condicións no medio natural. Non  aportan a fiabilidad e resposta ao esforzo esperada.

Cales son os motivos polos que as resinas son de grande interese para noso deporte empregándoas como ancoraxes. Xa case están respondidos:

  • Grande adherencia á rocha e máis o tensor, ata 350 kgr/cm2
  • Estabilidade, moi boa resistencia química
  • Impermeabilidade, non chega a humidade ao tensor
  • Non hai tracción mecánica sobre a rocha
  • Baixa dilatación e compresión

As resinas presBotes resina 1éntanse habitualmente en dous compoñentes, un, a resina básica, e outro, o catalizador, tamén chamado endurecedor. Ambolos dous compoñentes teñen que se misturar nunha cantidade determiñada e precisa informada polo fabricante. Unha vez misturados, a resiña comeza a endurecer. Para que a mezcla funcione correctamente temos que respetar os requisitos ambientais exisidos polo fabricante. Non empregaremos resinas caducadas, normalmente teñen un ano de vida. As condicións ambientais a ter en conta son, as temperaturas e humidade. Temos que aplicalar as resinas dentro do rango de temperaturas e porcentaxe de humidade recomendado polo fabricante.

Cando as resinas comezan a enderucer temos que distinguir secado e fraguado. Que a resina esté dura, seca, non quer dicir que estea fraguada. O fabricante danos información do tempo de fraguado segundo da temperatura ambente. Unha vez pasado o tempo de fraguado, a ancoraxe estará xa dispoñible para o seu uso.

Cales sonAgujero químico 1 roca as desvantaxes, principalmente o traballo que teñen que pasar os equipadores. Teñen que facer buratos 2 mm maiores co diámetro do tensor.  Facer un encastre para a cabeza do tensor. Limpar o interior do burato soprando e con escobillas. Limpar os tensores. As superficies da rocha e máis o tensor teñen que estar moi limpas para que a resina apéguese Sopladora eles. Introducir a resina no burato cunha pistola inxectora. Introducir o tensor sen que queden burbullas na resina. Encastrar a cabeza do tensor e limpar a resina que sobresae do burato. Logo poñer un cartel avisando do tempo de fraguado.

Químco con anilla + relleno roca

Copia de Taladro eléctrico 1

A duración destas novas ancoraxes esperamos chegue aos trinta anos sen inconvintes.

 José Manuel Pérez Prego

Director Técnico da FGM

TDS en Alta Montaña – UIAGM

TDM – Escalada

 

 

 

 

 

Poñemos en funcionamento un novo apartado na web. Non pretende ser formación a distancia, máis ben só informativo, xa que desde a FGM consideramos que a formación nos deportes de montaña esixe presenza e práctica no medio supervisada por técnicos. Nunca será suficinte ler ou ver imaxes, temos que poñer en práctica as técnicas para a súa correcta asimilación.

Tamén desexamos que dende eiquí podades plantexar preguntas sobre o que se vai amosando e dese xeito ir coñecento as dúbidas e os intereses dos federados. Deben ser dúbidas sobre o lido ou ben de carácter técnico dos diferentes deportes da FGM. A resposta a faremos a maior brevidade posible, pero as veces isa brevidade pode ser que non coincida ca esperada, paciencia.

Vos animamos a presentar as primeiras cuestión sobre o que vos gustaría coñecer. Podedes facelo mediante o seguinte formulario (ábrese nunha nova páxina):

Desexamos unha canle aberta con todos os federados.

Benvidos

José Manuel Pérez Prego

Director Técnico da FGM

Share Button