NORMATIVA GALEGA – 2014

O “Manual de Senderos” FEDME recolle a posibilidade de que cada federación territorial elabore unhas normas particulares para a súa comunidade.
En Galicia foi elaborado un “Manual de Sendeiros da Federación Galega de Montañismo”(2009) – actualizado en 2014 complementario ao da FEDME pero de aplicación preferente sobre este en Galicia.
Seguindo na normalización, co fin de acadar maior calidade nas rutas sinalizadas e homologadas, apróbase tamén no 2009 a “Normativa de Homologación Galega”, – actualizado en 2014 – formando cos outros dous manuais un corpus único.

“Manual de Sendeiros da Federación Galega de Montañismo” (2014)

  • Tipos de Sendeiros: GR e PR-G
  • Sinalización de trazado principal, variantes e derivacións

Normativa de Homologación Galega 2014

  • Homologación
  • Estudos de Definición de Sendeiros (EDS)
  • Inspección Técnica de Sendeiros (ITS)
  • Técnicos de Sendeiros de Galicia
  • Sanción por utilización indebida de marcas rexistradas
  • Deshomologacións
  • Anexos informativos

Biblioteca de Modelos Normalizados para os Técnicos

ATENCIÓN:

Os sinais de GR e PR son marcas rexistradas en España pola FEDME e ninguén as pode usar sen o seu permiso. En Galicia o permiso é xestionado a través da Federación Galega de Montañismo – FGM -.

Share Button