SENDEIROS EN GALICIA

gr    prg    creacionS
Para consultar información sobre as actividades de Sendeirismo, prema aquí

Actualización da guía de Sendeiros
Unha nova importante é que, froito da colaboración de Turgalicia e a Federación Galega de Montañismo, dende este mes de setembro procédese á distribución da nova Guía de Sendeiros de Galicia. Momentaneamente pódese descargar da páxina web de Turgalicia, e proximamente será publicada en papel. Nela figuran as rutas antigas que permanecen en boas condicions (é dicir, que teñen o mantemento oportuno), e ás novas que suman arredor duns trinta novos itinerarios de pequeno percorrido.
Esta nova Guía ten información de 4 GR e 57 PR-G repartidos por toda Galicia. Un total de 61 rutas para gozar do sendeirismo en rutas homologadas pola F.G.M.
Ver documento Sendas 

Recomendamos o enlace coa páxina de Turgalicia (www.turgalicia.es) e concretamente coa publicación de “Galicia. Sendas para descubrir un país” que foi realizada en colaboración entre Turgalicia e a Federación Galega de Montañismo.


Condicións de especial relevancia sobre enlaces dende e cara este sitio web

A FGM non se fai responsable do contido doutros sitios e páxinas web alleas, aos que os enlaces que contén este sitio web puidesen conducir ao usuario.
A FGM non exerce ningún tipo de control sobre devanditos sitios web e xa que logo non se fai responsable dos danos producidos por contidos ilícitos, pola súa calidade, desactualización, indisponibilidade, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos sitios enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable á FGM.
O enlace a este sitio dende outras páxinas web tampouco implica que a FGM subscriba ou aprobe os seus contidos nin supón relación corporativa ou comercial algunha.
A existencia de enlaces non debe presupor tampouco a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación da FGM coas manifestacións, contidos ou servizos provistos.
(Ver condicións de uso)

Share Button