Un ano máis, e xa van tres. O pasado domingo 12 de setembro celebrouse no Canón do Sil o III Maratón de Escalada baixo unhas favorables condicións meteorolóxicas que permitiron aos 22 participantes desfrutar dunha maratoniana xornada de escalada nesta escola a carón do río Sil.
Doce horas nas que os participantes, por cordadas masculinas, femininas ou mixtas e chegados de diversas provincias de Galicia loitaban por conseguir ou escalar todo o posible. Ás oito e media da mañá dábase a saída e xa comezaban os participantes a esbozar a súas estratexias para intentar completar o máximo número de vías posibles en todos os sectores da escola.
Ó final da xornada, e tras escalar 50 vías, resultou gañadora a cordada formada por Manuel Veiga e Xosé Otero, mencionando tamén a Miguel Feijoo como o participante que realizou a vía de maior dificultade durante o evento.
O rematar, e tras a entrega de premios, os participantes asistiron a cea de clausura, na que compartiron impresións da xornada de escalada.
Lucas Rodríguez
Deixamos algunhas imaxes motivantes da maratón, enviadas dende o Club Alpino Ourensan, para que o próximo ano a participación sexa un pouco maior xa que o ambente foi magnífico. Non podemos publicar todas, o espazo.