Refuxios

CONDICIÓNS DE USO

Ante os últimos problemas detectados, a Federación lembra a tódolos federados e clubes que os refuxios teñen normas de reserva e regras de uso interno.

Respecto das normas de reserva, os refuxios deberán ser solicitados telefonicamente á Federación antes do venres, e terán prioridade os usuarios federados sobre os acompañantes non federados.

Deberase confirmar a dispoñibilidade de prazas antes de acudir ó refuxio.

Os gardas teñen a obriga de NON abrir o refuxio a ningún federado que non teña reservada a praza mediante chamada á Federación en tempo e forma.

Refuxios de montaña:

Unha das mellores vantaxes de estar federado en Galicia é a utilización dos refuxios a un prezo moi económico. Agora vexamos os refuxios que temos:

Xa está dispoñible o folleto dos Refuxios de Montaña da FGM 

MACIZO DE UBIÑA – Peña Ubiña – Torrebarrio (San Emiliano – León)

Altitude: 1280 m

Prazas: 30

Servizos: Liteiras. Auga corrente, servizos, ducha con auga quente, luz eléctrica, calefacción, lugar para cociñar e cheminea.

Reserva: 986 208 758

Situación: Torrebarrio – San Emiliano (León) (prema aquí para ver o mapa)

Prezo:

– Federados: 5 €

– Non federados (acompañados por federados): 10 €

Máis información: FGM

SERRA DO XURÉS – ALBITE (Muíños)

Altitude: 910 m

Prazas: 50

Servizos: Literas. Auga corrente, servizos, ducha con auga quente, luz eléctrica, calefacción, botiquín, lugar para cociñar e cheminea.

Reserva: 986 208 758

Situación: Albite – Concello de Muíños (Ourense) (prema aquí para ver o mapa)

Prezo:

– Federados: 5 €

– Non federados (acompañados por federados): 10 €

Máis información: FGM

SERRA DO COUREL – A SEARA

Altitude: 1.000 m

Prazas: 50

Servizos: Liteiras. Auga corrente, servizos, ducha con auga quente, luz eléctrica, calefacción, botiquín, lugar para cociñar e cheminea.

Reserva: 986 208 758

Situación: A Seara – Concello de Quiroga (Lugo) (prema aquí para ver o mapa)

Prezo:

– Federados: 5 €

– Non federados (acompañados por federados): 10 €

Máis información: FGM

MACIZO DE TREVINCA – PONTE “Roxelio Pereira Muíños”

Altitude: 1.100 m

Prazas: 30

Servizos: Liteiras. Auga corrente, servizos, ducha con auga quente, luz eléctrica, calefacción, botiquín, lugar para cociñar e cheminea.

Reserva: 986 208 758

Situación: A Ponte – Concello da Veiga (Ourense) (prema aquí para ver o mapa)

Prezo:

– Federados: 5 €

– Non federados (acompañados por federados): 10 €

Máis información: FGM

MACIZO DE TREVINCA – FONTE DA COVA

Altitude: 1.800 m

Prazas: 50

Servizos: Conta con luz, auga quente e tarima para durmir (non son liteiras).

Reserva: 988 320 869

Situación: Casaio (Carballeda de Valdeorras)

Prezo:

– Federados: 5 €

– Non federados (acompañados por federados): 6 €

Máis información: FGM e Club P. Trevinca Barco

Share Button