XUNTANZA NA FGM CON ESCALADA SOSTENIBLE

Hoxe día 13 de febreiro,  tivo lugar unha Xuntanza onde púxose de manifesto unha vez máis a total coincidencia nas accións emprendidas dende fai tempo pola Federación e Escalada Sostenible, cara aos accesos a Zonas de Escalada espalladas por toda a nosa Galicia. Dita Reunión serviu fundamentalmente para corroborar a total sintonía de ambas entidades en defensa dos nosos escaladores e  o  séu acceso os espacios naturais protexidos.

O encontro nesta ocasión contou coa participación do Presidente da F.G.M. Adolfo Puch, o Delegado en Galicia de Escalada Sostenible Miguel Feijóo e o Vicepresidente da Área de Escalada José Antonio Villar, que manifestaron o afán de colaboración no que están inmersos dende fai un longo período na defensa do noso ámbito deportivo nas vías e sectores de escalada de Galicia.

Todas as accións emprendidas fai tempo de diálogo flúido coas Administracións, en particular coa Xunta de Galicia nas súas vertentes Deportiva e Medioambiental, vense potenciadas especialmente con novos contactos nos que a colaboración entre ambos colectivos Escalada Sostenible e Federación Galega de Montañismo poden ser moi beneficiosos para o noso tecido de escaladores federados.

Xosé Manuel Pérez Prego Director Técnico da F.G.M., José Antonio Villar Vicepresidente Área de Escalada da F.G.M. , Miguel Feijóo Delegado de Escalada Sostenible en Galicia e Adolfo Puch Presidente da F.G.M. o rematar o encontro.

¡Queremos dar a noraboa  a todo o equipo de Escalada Sostenible  e animar a todos os Clubes a apoiar esta gran iniciativa!

MAIS INFO

 

Posted in Varios | Comentarios desactivados en XUNTANZA NA FGM CON ESCALADA SOSTENIBLE

A FGM pecha os ultimos detalles do Campeonato de España de Escalada en Edad Escolar

O día 7 de febreiro pecharonse os últimos detalles da organización do Campeonato de España de Escalada en Edad Escolar froito da colaboración entre Consejo Superior de Deportes, Xunta de Galicia, Concello de Santiago de Compostela, Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada e Federación Galega de Montañismo.

X.Manuel Pérez Prego (Dir. Técnico FGM), Lluis Giner (Dir. Técnico FEDME), Marta Míguez (Secret. Xeral Deporte da Xunta), J. Miguel García (Resp. Deporte Escolar da FEDME) e Adolfo Puch (Pdte. da FGM) Izquerda a dereita.

Galicia acollerá esta proba na súa primeira edición a nivel español.
Mantivemos reunións en Xunta de Galicia na que participaron a Secretaria Xeral para o Deporte Dona Marta Míguez Telle, José Miguel García La Torre Responsable de Deporte Escolar da Fedme, Lluis Giner i Arnabat Director Técnico da Fedme, Xosé Manuel Pérez Prego  Director Técnico da FGM e Adolfo Puch Presidente da FGM, moi satisfactoria para todas as partes.
Seguidamente mantivemos contacto no Concello de Santiago coa Concelleira de Deportes Dona Noa Morales Sánchez.

X.Manuel Pérez Prego (Dir. Técnico FGM), Lluis Giner (Dir. Técnico FEDME), Adolfo Puch (Pdte. da FGM), Noa Morales (Conselleira de deporte de Santiago) e J. Miguel García (Resp. Deporte Escolar de la FEDME) Izquerda a dereita.

E finalmente co Xerente de Indoorwall D.Gabriel Otero Rosende.
A nosa Federación e seus equipos técnicos terán a responsabilidade de levar a diante este importante evento estatal que terá lugar os días 6, 7 e 8 de xullo de 2018, no que estamos volcados e moi ilusionados.
Posted in ACTIVIDADES, COMUNICADOS, ESCALADA | Comentarios desactivados en A FGM pecha os ultimos detalles do Campeonato de España de Escalada en Edad Escolar

PERCORRIDO ESQUÍ DE TRAVESIA Y RAQUETAS 18/2/18

  • Lugar da actividade: Leitariegos – Cueto de Arbas 2002 m.-El Rapau 1882 m.-Leitariegos.
  • Data: Domingo 18 de Febreiro do 2018
  • Desnivel: +/- 700 m.
    Lonxitude: +/- 7, 5 Km.
    Pendente máxima: 30º
    Orientación: SO e E.
    Horario esquí: 4-5 h.
    Horario raquetas: 4 h.
    Hora saída: 09:30 Aparcadoiro do porto de Leitariegos.
  • Material: Deberá levarse material propio para unha actividade de alta montaña en inverno. Débese revisar que o material de esquí e raquetas está en bo estado. Gorro, luvas, polainas, roupa de abrigo e impermeable, gafas de factor 3 ou supeior, crema protectora, frontal, comida, bebida… Obrigatorio material de seguiridade de esquí de travesía: ARVA, pala e sonda. Material adicional: Piolet e crampons.

Máis info en:
http://amimontanismo.es/20…/…/30/travesia-pico-colines-2018/

Inscripciones na Federación Galega de Montañismo

O PROGRAMA PODE VARIAR EN FUNCIÓN DAS CONDICIONS CLIMATOLOXICAS.

Posted in ACTIVIDADES, Varios | Comentarios desactivados en PERCORRIDO ESQUÍ DE TRAVESIA Y RAQUETAS 18/2/18

Videoconferencia o 9 de febrero sobre a presentación electrónica de documentación ante o Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica, CeMIT, da Xunta de Galicia organiza, mañá 9 de febreiro, unha xornada sobre a xestión online na sede electrónica para entidades deportivas.

TODA A INFO

Posted in COMUNICADOS, Varios | Comentarios desactivados en Videoconferencia o 9 de febrero sobre a presentación electrónica de documentación ante o Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia

Curso de Monitor/a de Escalada en Rocódromo Galego 2018

A Federación Galega de Montañismo convoca o curso para a obtención do título de “Monitor/a de Escalada en Rocódromos Galegos 2018” para beneficio dos Clubs federados galegos e do deporte da escalada deportiva en Galicia. Este curso será impartido pola Escola Galega de Alta Montaña (EGAM).

Máis información premendo aquí

Posted in COMUNICADOS, CURSOS, ESCALADA, Varios | Comentarios desactivados en Curso de Monitor/a de Escalada en Rocódromo Galego 2018

CANCELADA: Ruta Solidaria cos afectados dos lumes, 11 de Febreiro

AVISO IMPORTANTE: RUTA CANCELADA
 
Ante o mal estado das estradas decídese suspender a ruta solidaria por Ancares ata nova data.
 
Rogamos a todos aqueles que xa fixeron o pago se poñan en contacto con rutasolidariaancares@gmail.com indicando o número de conta para a devolución dos cartos.

——————————————–

O club de Montaña Verso libre en colaboración coa Federación Galega de Montañismo organiza unha ruta de carácter solidario pola contorna dos Ancares. A citada actividade terá lugar o 11 de Febreiro de 2018.

O importe das inscripcións irá destinado íntegramente as parroquias máis afectadas pola vaga de lumes do pasado mes de Outubro.

A ruta sairá do Albergue de Ancares en Campa da Braña e terá coma obxectivo o cumio de Tres Bispos. Haberá un picnic solidario e unha charla informativa sobre o impacto dos lumes no ecosistema de Ancares.

Para máis información contactar o mail rutasolidariaancares@gmail.com

Posted in Varios | Comentarios desactivados en CANCELADA: Ruta Solidaria cos afectados dos lumes, 11 de Febreiro

IMPORTANTE: AVISO CLUBES GALEGOS

Aviso para todos os Clubs de Montañismo de Galicia sobre o acordo de incoación de cancelación rexistral da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia de entidades deportivas gallegas:

ANUNCIO DOG 18/12/17

Posted in COMUNICADOS, Varios | Comentarios desactivados en IMPORTANTE: AVISO CLUBES GALEGOS

Iº ENCONTRO ANUAL DE ALPINISMO (PEÑA UBIÑA: 24 e 25 de febreiro de 2018)

Xa temos o programa definitivo do Encontro, trátase dunha proposta para afirmar o alpinismo galego actual, visibilizar as montañas próximas e compartir cos nosos veciños do val de Babia, e cos demais alpinistas, este precioso macizo da cordilleira Cantábrica.

O alpinismo é un deporte onde participa a aventura e a incerteza por definición, onde as estratexias se modifican sobre o terreo e sempre está presente o factor risco, por iso precisamos manter uns valores que superen regras que non están escritas, de aí a conciencia de grupo e a solidariedade do noso deporte. Velaquí porque o Encontro pretende crear un espacio periódico de comunicación entre alpinistas e montañeiros, un lugar onde nos encontremos e vexamos as tendencias do alpinismo actual, faremos obradoiros técnico-formativos organizados pola Escola Galega de Alta Montaña para todos os públicos, colaboracións con grupos de rescate da Guardia Civil de Montaña nos que avanzaremos en seguridade, información das condicións da montaña, un PDF coas vías de Peña Ubiña… o Encontro é para todos e para todas, desde a FGM sentimos que é necesario para seguirmos avanzando en común, encordados, ata o cumio.

 

O lugar escollido non é casual, Peña Ubiña é o noso tesouro alpinístico e o Val de Babia sempre nos acolleu cos brazos abertos. Torrebarrio e San Emiliano serán os puntos de reunión para este Encontro, perto do refuxio da FGM, en Torrebarrio de Arriba, teremos o noso centro de operacións e San Emiliano será o lugar onde asistiremos á conferencia de Carlos Suárez e á cea común, un banquete de conversas distendidas e risas que servira de antesala aos Premios do Alpinismo Galego e ao sorteo de material que agradecemos a todos os colaboradores e patrocinadores.

PROGRAMA Iº ENCONTRO ANUAL DE ALPINISMO

PREME AQUÍ  para facer a INSCRICIÓN. O prazo remata o 18 de febreiro.

Aloxamentos en Babia

 ¡¡¡Vémonos en Ubiña….!!!!

Posted in ACTIVIDADES, ALPINISMO, Varios | Comentarios desactivados en Iº ENCONTRO ANUAL DE ALPINISMO (PEÑA UBIÑA: 24 e 25 de febreiro de 2018)

Campamento Infantil de Montañismo Invernal

Destinatarios: Persoas federadas (ou non) con idades comprendidas entre os 10 e 14 anos que desexen iniciarse na realización de actividades técnicas deportivas de montaña en condicións invernais.

Datas: 24 e 25 de febreiro de 2018
Lugar: Albergue Campa da Braña, Cervantes (Ancares lucenses)

Todas as condicións, horarios, aloxamento, contido, prezo, inscrición ou programa neste enlace do Facebook.

Posted in ACTIVIDADES, CURSOS, SENDEIRISMO, Varios | Comentarios desactivados en Campamento Infantil de Montañismo Invernal

Gran acollida no talleres de marcha nórdica: Lugo e Vigo

O pasado día 20 preto de 50 lucenses participaron no taller impartido pola FGM sobre marcha nórdica en colaboración coa Asociación Somos Unidos Contra el Cáncer

Temos que agradecer todo o traballo de promoción que se está a desempeñar dende a FGM que xa está a dar o seus froitos.

Jose Manuel Vazquez presidente de Somos Unidos por el Cancer, Cristina González e Cecilia García ambas técnicas de Marcha Nórdica e Nacho Jorge delegado provincial da FGM en Lugo (De esquerda a dereita)

Tamén o mesmo sábado día 20 celebrouse a I Xornada de divulgación de Marcha Nórdica en Vigo.

O tempo finalmente respetou a xornada, o que fixo que todo saíra según o programa. O asistentes o curso eran todos eles do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia,  os cales recibiron coñecementos tanto prácticos como teóricos. Destacamos a ilusión e o desexo deste grupo por coñecer esta nova modalidade.

¡Agardamos que sexa este o comezo dunha grande amizade!

Nacho García aclarando todas as dúbidas o Club Peña Trevinca

A marcha nórdica tamén estase a facer eco nos medios de comunicación:

Noticia Progreso

Cristina González falando cos medios

 

 

Posted in MARCHA NÓRDICA | Comentarios desactivados en Gran acollida no talleres de marcha nórdica: Lugo e Vigo

INFO PARA CLUBES: PAUTAS PARA PRESENTACION TELEMATICA

Queremos facilitarvos a información que nos acaban de pasar dende a sección de promoción deportiva de Vigo.  -Información para o ámbito de Pontevedra-

No anexo veñen as pautas a seguir para modificar datos no rexistro de entidades deportivas: actualización de estatutos, cambio de xunta directiva, enderezo, etc. Así como o modelo de taxas (no caso de cambio de estatutos).

Agora é obrigatorio facelo vía telemática, tanto esto como a presentación da próxima convocatoria de subvencións que está o caer.

E dicir, agoa coa nova normativa de procedemento administrativo xa non é valida a presentación en formato papel. Para isto os clubs teñen que obter o certificado dixital ou ben a chave 365.

Detallase o proceso a continuación así como un modelo de pago de taxas.

PAUTAS NO REXISTRO

MODELO PAGO TAXAS

 

Posted in Varios | Comentarios desactivados en INFO PARA CLUBES: PAUTAS PARA PRESENTACION TELEMATICA

NOVA WEB

Xa levamos un temo co deseño dá nova web, pero actualmente estamos a migrar toda a información. Temos moitas novidades que iremos engadindo pouco a pouco. Nunhas semanas xa comezaremos a ver melloras.

Pregamos un chisco de paciencia. Mentres estaremos diariamente como sempre no noso Facebook

Posted in COMUNICADOS, Varios | Comentarios desactivados en NOVA WEB

CALENDARIO 2018: Actividades, competicións, cursos e tecnificación

Aquí temos o almanaque federativo para 2018 cunha amplia cantidade de actividades en todas as modalidades deportivas que ten o noso deporte.

Preme para descargar

¡¡Dende a FGM queremos desexarvos a todos un moi feliz ano 2018 repleto de xornadas na montaña!!

Posted in ACTIVIDADES, ALPINISMO, ANDAINAS50, BARRANCOS, CARREIRAS POR MONTAÑA, COMUNICADOS, CURSOS, ESCALADA, MARCHA NÓRDICA, SENDEIRISMO, Varios | Comentarios desactivados en CALENDARIO 2018: Actividades, competicións, cursos e tecnificación

Primeira reunión FEDME de Vogais de montañismo feminino

O pasado 16 de decembro en Madrid, no marco do Encontro de Montañeiros FEDME, realizouse a primeira reunión FEDME de vogais de montañismo feminino das diferentes federacións autonómicas, na que participou a nosa vogal de montañismo feminino, Josefina Maestu Almeida.

Nesta reunión que foi presidida polo presidente da FEDME, Joan Garrigós Toro, estiveron tamén presentes:

  • O xerente da FEDME: Lluís López Leiro
  • O secretario xeral da FEDME: Eduard Navarro Martínez
  • O director técnico da FEDME: Lluís Giner Arnabat
  • A Vogal, responsable del Programa mujer y deporte, Nuria Domínguez Azpeleta
  • Presidentes dalgunhas federacións autonómicas
  • Vogais de muller e deporte de federacións autonómicas.

Despois dunha posta en común inicial, formouse o grupo de traballo, presidido pola vogal “responsable del Programa mujer y deporte FEDME, Nuria Domínguez Azpeleta”, e as vogais de muller e deporte de diferentes federacións autonómicas.

Consideramos que esta reunión foi moi productiva, e que foi o xerme para crear xinerxias e colaboracións entre as diferentes comunidades autónomicas e a FEDME, coas seguinte finalidades:

  • Aumentar o número de mulleres que practiquen as disciplinas deportivas que se recollen nesta federación.
  • Se utilice unha linguaxe inclusiva tanto nas federacións autonómicas como na FEDME: revisións de regulamentos deportivos, protocolos, comunicacións, circulares, etc.
  • Promover a concialiación cando se organicen actividades federativas nas que participen mulleres.
  • Visualizar o deporte feminino nas disciplimas destas federacións no ámbito actual, e as pioneiras.

Esta reunión tivo tres partes:

  1. Na primeira parte se realizou unha posta en común da situación do deporte feminino nas diferentes federacións autonómicas.
  2. Na segunda parte: fixéronse propostas de cómo poder fomentar o número de mulleres que realicen actividades de montaña, nas diferentes federacións autonómicas.
  3. Para finalizar, dende as vogalías de montañismo feminino, realizáronse diferentes propostas a FEDME, entre as que destacamos as seguintes:
  • A creación dun “Comité nacional de mujer y montañismo”.
  • Que en todas as formacións federativas, haia unha parte de formación en temas de xénero e igualdade.
  • Maior visualización na páxina oficial da FEDME da vogalía de Muller e deporte. Apartados que se poden engadir neste mapa da páxina web; enlaces das diferentes vogalías de muller e deporte das comunidades autonómicas; enlaces de interés de xénero e igualdade, etc.
  • Maior visualización dos logros acadados polas mulleres con licencia FEDME.
  • Cápsula formativa de xénero e igualdade.
  • Solicitude de axudas da FEDME, para as federacións autonómicas, para as actividades de fomento de deporte feminino.
  • Impulsar dende a FEDME, que nas federacións autonómicas nas que no haxa vogalías de muller e deporte, que se cree esta vogalía.
Posted in COMUNICADOS, Varios | Comentarios desactivados en Primeira reunión FEDME de Vogais de montañismo feminino

Bo Nadal

Posted in ACTIVIDADES, ALPINISMO, ANDAINAS50, BARRANCOS, CARREIRAS POR MONTAÑA, COMUNICADOS, CURSOS, ESCALADA, MARCHA NÓRDICA, SENDEIRISMO, Varios | Comentarios desactivados en Bo Nadal

Calendarios Carreiras 2018

¡Xa temos listas todas as datas para a nova tempada de CARREIRAS para o 2018!

Calendario oficial do Campionato e a Copa Galega Senior 2018:

Calendario Campionato e Copa Senior 2018

Calendario  Junior e cadetes:

Calendario Campionato e Copa Junior e cadetes 2018

Calendario resumo de todas as carreiras 2018:

Calendario completo CIGA TERRA 2018

Posted in ACTIVIDADES, CARREIRAS POR MONTAÑA, Varios | Comentarios desactivados en Calendarios Carreiras 2018
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2018 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • METEOROLOXÍA