A Asociación de Montañeros Independientes (AMI) organiza e desenvolve un open de escalada dirixido as escaladoras e escaladores xóves, entre 8 e 19 anos. Celebrarase no rocódromo de Riazor o día 10 de abril. O prazo de inscrición remata o día 3 de abril e para inscribirse hai que enviar un correo a esta dirección info@amimontanismo.es
Ten un formato no que parte da xornada está adicada a divulgación da escalada, con un tempo de portas abertas para que os nenos e nenas que o desexen podan esperimentar que é escalar nun rocódromo. Comeza as dez e remata ás once e trinta. Despois empezará a proba de competición.
Lembramos a todos os que desexen participar que é preciso estar federado este ano 2016 ca inclusión da escalada.