NOVO FACEBOOK: “MULLER , DEPORTE E MONTAÑA FGM”

Non pode ser mellor día hoxe para presentarvos o novo facebook da FGM “MULLER , DEPORTE E MONTAÑA FGM”

Os obxectivos desta páxina serán os seguintes:

  •  Visualizar as actividades que organizan e/ou desenvolven deportistas femininas das diferentes modalidades desta federación deportiva.
  • Divulgar as actividades organizadas polos clubs inscritos nesta federación, nas que participan deportistas femininas.
  • Divulgar actividades de interese para as deportistas de diferentes ámbitos: formativo, educativo, deportivo, da saúde, familiar, científico…
  • Divulgar eventos, cursos, xornadas… organizadas pola Federación Galega de Montañismo, que poidan realizar mulleres.
  • Visualizar as persoeiras e iniciadoras dos nosos deportes, tanto no ámbito da xestión, como deportistas.
  • Divulgar o traballo, sempre que o desexen, de mulleres que colaboran na xestión dos clubs deportivos inscritos nesta federación.

Dende aquí animamos a todos os clubs inscritos na Federación Galega de Montañismo, as e os deportistas, que nos acheguen a información que desexen divulgar a este correo:

mulleredeporte@fgmontanismo.es

A Federación pretende proseguir escribindo a historia da muller alpinista, promover a súa presenza nas diferentes actividades que se promoven desde a FGM e desde a Escola Galega de alta montaña (EGAM); nos grupos de tecnificación, así como en profesións ligadas ao montañismo, visualizando a súa presenza decidida no panorama actual da montaña.

¡NORABOA A TODAS AS MULLERES HOXE E OS DEMAIS DIAS DO ANO!

Share Button
This entry was posted in COMUNICADOS, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • PROGRAMA Eu son DGAN

    eu son dgan

  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2018 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • METEOROLOXÍA