NOVAS DA FEDERACION GALEGA DE MONTAÑISMO

Queremos faceros participes dunha serie de temas e actividades que estamos a desenrolar o longo do ano, e dos que queremos chamar a vosa atención.

Como sabedes, cada vez  estamos máis volcados nunha loita por desenrolar unha serie de facetas do noso deporte acorde a demanda que están a plantexar os nosos federados.

Área de Comunicación

Damos un paso máis na comunicación cos nosos Clubes e federados. Dende o día 15 de marzo de 2013 temos aberto o noso Facebook que complementa a información que publicitamos na nosa páxina web metendo no buscador  Federación Galega de Montañismo, fgm ou  a dirección (www.fgmontanismo.es) .

Área de Ensino

Teño que deciros que este ano está a resultar o de maior afluencia de cursillistas os cursos que programamos dende a F.G.M. por medio do noso brazo didáctico a E.G.A.M.. Estanse a facer un porcentaxe de cursos elevado de varias especialidades, e a maioría co cupo cuberto de alumnos, o nivel de satisfacción dos alumnos segundo as enquisas e moi elevado.

Por outra banda dando resposta as demandas plantexadas tivemos o 2º Curso de Monitores de Rocódromo, e estamos a preparar o 1º Curso de Monitores de Club para outono, Ampliamos o noso cuadro docente con 6 novos instructores da nosa E.G.A.M. .

Área de Promoción Infantil-Xuvenil

Queremos facer un Curso moi subvencionado pola F.G.M.  de promoción infantil entre os días 15 e 19 de xullo de 2013 dirixido a nenos de todos os clubes galegos (25 prazas)  en Cubillas de Arbas (León). Curso de 5 días a un prezo moi baixo  un 46% de subención da F.G.M.. Esperamos que animedes os nenos dos vosos clubes a participar, e unha boa oportunidade para aprender montañismo aproveitando as clases do profesorado da nosa E.G.A.M. .

Área de Actividades Tradicionais de Montaña

Xa tiveron lugar o Percorrido de Esquí de Montaña na Serra de Ancares (Lugo), o Campamento e Marcha Territorial da F.G.M. en Covelo (Pontevedra),e a Marcha con Vivac na Serra do Xurés en Ourense. Actividades organizadas en colaboración cos clubes Montañeiros Celtas, Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e Clube de Montaña Xistra.

Área de Competición (Copa de Escalada Base e Campionato Galego de Escalada en Bloque)

Temos varias boas novas que transmitirvos, o pasado día 8 de xuño tivo lugar a 1ª Proba da Copa Galega de Escalada en Bloque no Rocódromo do Pavillón Municipal das Travesas en Vigo, con boa afluencia de nenos tanto na faceta competitiva como na de entretenemento. O Podium na categoría Xuvenil B foi o seguinte 1º Clasificado Javier Alejano García de Club Montañeiros Celtas, 2º Clasificado Felipe de Frutos Martínez de Clube de Montaña Xistra e 3º Clasificado Arturo Mateo Mañá de Club Montañeiros Celtas.

O día 15 de xuño estivemos de enhoraboa por partida doble en escalada e carreiras por montaña,  xa que tiveron lugar na Area de Competición o Campionato Galego de Escalada en Bloque no Paseo Marítimo de Riazor na cidade de A Coruña nun boulder montado a tal fin e con unha excelente organización conxunta de Sociedad de Montaña Artabros e a F.G.M. o día soleado completou un maravilloso día de competición. Con respecto o ano pasado as feminas repitiron podium non así na categoría masculina onde mudou totalmente o podium moi reñido pola afluencia de grandes escaladores de toda Galicia. Quedaron constituido polos seguintes competidores. Categoría fiminina Campiona Rosa González López da Sociedad de Montaña Artabros de A Coruña, Subcampiona Paula Blanco Latorre de Sociedad de Montaña Artabros de A Coruña e 3ª Clasificada Iria Veiga Costas do mesmo clube coruñés, . En canto o podium masculino estuvo formado tras una final moi reñida polo Campión César Alvarez Pérez de Clube de Montaña e Escalada Azimut de Vigo, Subcampión Jorge Cayetano Bahillo vigués nas filas da Asociación de Escaladores Ourensán (Asesou) e 3º Clasificado Mauro González Rodríguez  o ourensán tamén do Clube Asesou .

O día 22 de xuño tivo lugar a 2ª Proba da Copa de Escalada Base no Rocódromo de Riazor (A Coruña) con participación de nenos das entidades federadas Club Montañeiros Celtas e Clube de Montaña Xistra de Vigo e  Agrupación de Montañeiros Independientes e Sociedade de Montaña Artabros de A Coruña. As clasificación da Proba por podiums foron as seguintes: Categoría Sub 16 1º Antón Blanco Rey de AMI , 2º Felipe de Frutos de Clube de Montaña Xistra e 3Javier Alejandro García de Club Montañeiros Celtas, na categoría de Sub 18 1º Sergio Rueda  de Montañeiros Celtase 2º Javier Vázquez de Club Montañeiros Celtas. Final da Copa  Sub 16  Campión Javier Alejandro García de Club Montañeiros Celtas de Vigo, Subcampión Felipe de Frutos Martínez de Clube de Montaña Xistra de Vigo e 3º Clasificado Arturo Mateo de Club Montañeiros Celtas de Vigo. Na categoría Sub 18 quedaron Campión e Subcampión Sergio Rueda e Javier Vázquez do clube vigués Montañeiros Celtas.

Área de Competición (Copa Galega de Carreiras por Montaña, Campionato Galego de Carreiras por Montaña, Copa de España de Carreiras por Montaña e Campionato de España de Carreiras por Montaña en Galicia)

Por outro lado o mesmo día 15 de xuño  na 2ª Proba da Copa de España de Carreiras por Montaña a Haria Extreme en Lanzarote carreira moi esixente de 32,5 km.  e 1450 m. de desnivel  e próxima os 400 corredores no podium tras Luis Alberto Hernando e o marroquí da Federación Andaluza Zaid At Malek entrou de 3º facendo podium o noso corredor da Selección Galega da F.G.M.  Carlos García Expósito lucense de Monforte de Lemos. Asimesmo a Selección Galega acadou o primeiro posto por equipos xa que hai que engadir o posto 12º de Elpidio Gómez Sousa de Ourense  e o 14º de Roberto Rioboó Estévez o pontevedrés.

A Copa Galega de Carreiras por Montaña sigue adiante e xa se fixeron duas da catro probas a de Viveiro (Lugo) e a de Maceda (Ourense) polo tanto restan as outras dúas en Porriño-Salceda (Pontevedra) e Parada do Sil (Ourense) para ter os millores da competición no presente ano.

O Campionato Galego de Carreiras por Montaña tivo lugar en Chandrexa de Queixa (Ourense) con éxito de participación o pasado día 23 de xuño e tivo a Fernando Arca  de Club de Montaña Xesteiras de Cuntis (Pontevedra) como Campión Galego, Carlos García Expósito de Clube de Montaña Ribeira Sacra-Vía XVIII  de Parada do Sil (Ourense) como Subcampión e Roberto Rioboó de Club de Montaña Xesteiras de Cúntis como 3º clasificado. Polo que respecta a categoría fiminina Campiona Sonia Botana González de Clube Ribeira Sacra-Via XVIII, Subcampiona María del Rosario Figueroa Figueroa  de Club CAR Marisqueiro de Vigo e 3ª Clasificada Begoña Pérez Sousa  de Club Alpino Ourensán.

Quero asimesmo recordarvos que o 6 de outubro temos un evento competitivo moi importante como e o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CARREIRAS POR MONTAÑA POR CLUBES DA FEDME, na localidade ourensán de Parada do Sil, daranse cita ali os mellores corredores do panorama español da especialidade.

Área de Competición (Andainas de 50 km.)

A Copa de Andainas 50 km. tiveron lugar xa 6 das 7 probas anuais valedeiras para dita competición.  Concretamente as que tiveron lugar nos Concellos de Padrón, Dodro e Rois (A Coruña), Entrimo (Ourense), Santiago de Compostela (Do Clube de Montaña Fontiñas), Boqueixon (A Coruña), Salceda de Caselas (Pontevedra) e San Andrés de Teixido organizada por Club Montaña Ferrol.

Area de Sendeirismo

Fixemos a presentación de “SENDEGAL” a nova aplicación para smartphones de sendeiros homologados pola F.G.M. que tivo lugar en Santiago coa presencia da Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia a Xerente de Turgalicia, e o Presidente e o Vogal de Sendeirismo da F.G.M. .

Asimesmo, estamos preparar e en breve publicitaremos o calendario das JORNADAS ESTATALES DE SENDERISMO DE LA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE DEPORTES DE MONTAÑA Y ESCALADA,  que congregará en Vigo no mes de novembro os máximos especialistas na materia do ámbito estatal, o peso da organización de ditas xornadas recae sobre a nosa Federación.

Na actualidade os Técnicos Federativos están e realizar inspeccións da rede galega de sendeiros homologados.

50 Aniversario

Do mesmo modo o día 2 de novembro de 2013 terá lugar a Cea 50 Aniversario da Federación Galega de Montañismo que contará ca presencia do Presidente da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME) Joan Garrigós aproveitando o séu desprazamento a Vigo con motivo das Jornadas de Senderismo. Pretendemos en dito acto facer un recoñecemento a unha serie de montañeiros galegos que dedicaron moitos esforzos o longo destes anos a potenciar o deporte federado en Galicia.

Probas Médicas

Comunicarvos tamén que os membros do Equipo Galego de Carreiras por Montaña e Alpinistas que escalen ou ascendan picos de máis de 7000 metros por medio da Federación Galega de Montañismo, teñen a posibilidade de realizar probas médicas e de esforzo no Centro de Alto Rendemento de Pontevedra.

Expedicións Galegas

Outra boa nova e que varios alpinistas federados galegos atópanse nestes momentos na zona do Pico Lenin, K-2 e Gasherbrum.

Como sempre, agradecendo e  esperando a vosa colaboración en todos os eventos a desenrolar no noso Calendario Federativo neste ano do 50 Aniversario da nosa Federación, despídome cun cordial saúdo en unha forte aperta.

Adolfo Puch




Share Button
This entry was posted in COMUNICADOS. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA