NOTA INFORMATIVA AXUDAS A DEPORTISTAS 2017-2018

Convocadas as “Axudas a depotistas ourensanos cualificados 2017-2018”  

 O Boletín Oficial da Provincia de Ourense,  nº 244  do pasado  martes 23 de outubro, publica  a Convocatoria  de subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a temporada deportiva 2017-2018.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 30 de novembro actual e a dotación económica establecida total ascende a 30.000 euros.

 

 Poderán ser beneficiarios as  persoas físicas que sexan deportistas federados, de categorías de base ata absoluta, e exclusivamente de modalidades deportivas individuais (excluíndose, por tanto, os practicantes de deportes de equipo) de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran algún dos seguintes requisitos:

  1. a) Que posuíran ficha federativa por algún club deportivo da provincia de Ourense durante a temporada 2017-2018.
  2. b) Aqueles deportistas que non posúan licenza federativa por ningún club ourensán na temporada 2017-2018 pero, malia o anterior, se mantivesen vinculados ao deporte ourensán durante esa temporada, sempre que exista unha causa xustificativa do feito de que non dispoñan de licenza federativa nun club ourensán, como a inexistencia de clubs ourensáns desa disciplina ou especialidade deportiva, a inadecuación destes clubs para o seu nivel de rendemento deportivo ou a necesidade de residir fóra de Ourense por motivos familiares, laborais ou académicos, ou calquera outra causa que xustifique a dita circunstancia. .

Más Info

Share Button
This entry was posted in Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • PROGRAMA Eu son DGAN

    eu son dgan

  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2018 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • METEOROLOXÍA