Noraboa CLUB MONTAÑEIROS CELTAS

Os días 23 de marzo e 3 de abril do presente ano 2018  a veterana entidade de montaña galega “ Montañeiros Celtas recibiu sendos recoñecementos da sua cidade  Vigo. O primeiro escenario foi Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca onde foi homenaxeada nesta Edición pola súa inxente labor de promoción do Montañismo vigués o longo de 75 anos.

O segundo Acto foi a entrega do Galardón do Nomeamento de “Vigueses Distinguidos” pola súa labor o longo destes anos tanto deportiva como social, un dos referentes destacados na súa cidade pola súa traxectoria singular e destacada.

Dende a Federación Galega de Montañismo queremos felicitar a todos os socios de dita entidade dirixida nos últimos anos por Lourdes Castiñeira e a súa Xunta Directiva.

¡Noraboa a todos!

Grupo de Directivos e socios de Club Montañeiros Celtas de na Gala do Deporte coa súa Presidenta, acompañados polos Presidentes da FGM e FGE.

Share Button
This entry was posted in Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • METEOROLOXÍA