licenza

Estar federado dáche dereito a:

  • Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)fed16
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
  • Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
  • Prezos moi reducidos nos refuxios galegos
  • Comunicacións periódicas
  • Calendario de actividades
  • Participar en actividades divulgativas
  • Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
  • Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: www.ventajasfedme.es

Datos importantes

Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.
Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar tódolos seus datos ou o fagan de forma incorrecta.
Tódolos duplicados do carné federativo motivados por erros do clube solicitante, extravío, roubo ou ampliación de cobertura do seguro, terán que pagar 3 euros por tramitación.
Información impotante:
Calquera accidentado ten a obriga de chamar a Federación para cumplimentar un Parte de Accidente coa maior brevidade posible.

PROTECCIÓN DE DATOS:

A afiliación á FGM e a FEDME implica formar parte dunha base de datos que está rexistrada na Axencia Española de Protección de Datos, polo tanto:
“De conformidade coa normativa de Protección de Datos Persoais informámoslle que vostede autoriza a comunicar os datos que nos facilita para ser incluídos nuns ficheiros automatizados dos cales a titularidade corresponde á Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) e á Federación Galega de Montañismo (FGM) coa finalidade de federarse e recibir información xeral sobre os servizos, promocións e actividades relacionadas coas mesmas. Informámoslle que tamén poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación e supresión dos seus datos mediante unha comunicación dirixida á FEDME c/Floridablanca 84, 08015 – Barcelona e á FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO r/Luís Ksado 17, of.10, 36209 – VIGO”

Prezo das Licenzas Federativas Ano 2016

A información seguinte non é vinculante e só é suministrada como primeira referencia. 
Só serán vinculantes as pólizas e condicións particulares asinadas, rexistradas, vixentes e en poder da compañía de seguros e da Federación Galega de Montañismo.
Para máis datos deben dirixirse ao seu clube de montaña federado.

En caso de viaxes ao estranxeiro é conveniente visitar a páxina do Ministerio de Asuntos Exteriores e as Recomendaciones de Viaje, e tamén realizar o rexistro de cidadans viaxando ao estranxeiro.

Ver coberturas en pdf (PÓLIZA).

LICENZA FEDERATIVA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO PREZOS E COBERTURAS 2016 SEGUROS – MAPFRE
MODALIDADE ÁMBITO TERRITORIAL DISCIPLINAS
ASEGURADAS
Infantís
(de 0 a 13 anos) (2)
Xuvenís
(de 14 a 17 anos) (2)
Maiores
(maiores 18 anos) (2)
A ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña en ningun caso) 17 € 37 € 61 €
B ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas 18 € 40 € 64 €
C B MÁIS EUROPA Ídem as da B 26 € 56 € 102 €
D MUNDIAL (EXCEPTO EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.) Ídem a C 41 € 84 € 150 €
E MUNDIAL (PARA EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.) Ídem a D x x 498 €
OT IDEM Á “B” (SÓ OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO) (1) Ídem as da B x x 49 €

SUPLEMENTOS:
BTT (+20€), ESQUÍ ALPINO (+30€), ESQUÍ DE FONDO NÓRDICO (+5’90€) E SNOWBOARD (+41’30€).

(1) As licencias OT son Licencias tipo B so para os meses de outubro, novembro de decembro para persoas que fedéranse por primeira vez.
(2) Categoría infantil: Ata 13 anos cumpridos no 2016. Categoría xuvenil: de 14 a 17 anos cumpridos no 2016. Categoría maiores de 18 a 84 anos cumpridos no ano 2016.

Descargar en pdf 2016.

SEGUROS ESPECIAIS 2015
Seguro deportivo con validez por día. Non é equivalente a unha licenza.

SEGURO DIARIO 1: ESPAÑA (EXCURSIONISMO, MARCHA, SENDEIRISMO, CARREIRAS POR MONTAÑA, MARCHA NORDICA, (PREZO 4 €)

SEGURO DIARIO 2: ESPAÑA, PIRINEO FRANCES, ANDORRA, PORTUGAL E MARROCOS, IGUAL SD1+ ROCODROMO, CANICROSS, ALPINISMO, MONTAÑISMO, ALTA MONTAÑA, ESCALADA, BARRANCOS, ESPELEOLOGIA, RAQUETAS, ESQUI DE MONTAÑA, SNOWBOARD, VIAS FERRATAS, SPLITBOARD.
(PREZO 6 €)

Nº CTA BANCARIA FGM Nova Galicia Banco Cta: 2080/5104/86/3040016923 (NÚMERO DE CONTA SÓ VÁLIDA PARA OS CLUBS)

Share Button