Iº ENCONTRO ANUAL DE ALPINISMO (PEÑA UBIÑA: 24 e 25 de febreiro de 2018)

Xa temos o programa definitivo do Encontro, trátase dunha proposta para afirmar o alpinismo galego actual, visibilizar as montañas próximas e compartir cos nosos veciños do val de Babia, e cos demais alpinistas, este precioso macizo da cordilleira Cantábrica.

O alpinismo é un deporte onde participa a aventura e a incerteza por definición, onde as estratexias se modifican sobre o terreo e sempre está presente o factor risco, por iso precisamos manter uns valores que superen regras que non están escritas, de aí a conciencia de grupo e a solidariedade do noso deporte. Velaquí porque o Encontro pretende crear un espacio periódico de comunicación entre alpinistas e montañeiros, un lugar onde nos encontremos e vexamos as tendencias do alpinismo actual, faremos obradoiros técnico-formativos organizados pola Escola Galega de Alta Montaña para todos os públicos, colaboracións con grupos de rescate da Guardia Civil de Montaña nos que avanzaremos en seguridade, información das condicións da montaña, un PDF coas vías de Peña Ubiña… o Encontro é para todos e para todas, desde a FGM sentimos que é necesario para seguirmos avanzando en común, encordados, ata o cumio.

 

O lugar escollido non é casual, Peña Ubiña é o noso tesouro alpinístico e o Val de Babia sempre nos acolleu cos brazos abertos. Torrebarrio e San Emiliano serán os puntos de reunión para este Encontro, perto do refuxio da FGM, en Torrebarrio de Arriba, teremos o noso centro de operacións e San Emiliano será o lugar onde asistiremos á conferencia de Carlos Suárez e á cea común, un banquete de conversas distendidas e risas que servira de antesala aos Premios do Alpinismo Galego e ao sorteo de material que agradecemos a todos os colaboradores e patrocinadores.

PROGRAMA Iº ENCONTRO ANUAL DE ALPINISMO

PREME AQUÍ  para facer a INSCRICIÓN. O prazo remata o 18 de febreiro.

Aloxamentos en Babia

 ¡¡¡Vémonos en Ubiña….!!!!

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, ALPINISMO, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • METEOROLOXÍA