INFORMACIÓN SOBRE OS AVANCES NA PRÁCTICA DA ESCALADA DENTRO DA REDE NATURA

Este é o extracto da reunión mantida co Técnico de Conservación da Natureza da Delegación de Pontevedra elaborado por José A Villar, vicepresidente da FGM e responsable da área de escalada. Nesa mesma reunión tamén estibo presente David Pérez, director da EGAM.

Despois de reunión mantida na zona de escalada de Donón co técnico e os vixilantes da Delegación Provincial de Medio Ambiente e na que estaban presentes representantes dos clubs montañeiros Celtas, Pena Trevinca e Montañeiros de Pontevedra, así como do concello de Cangas e da FGM.; acádase o seguinte acordo:

  1. Solicitar vía expediente administrativo a consideración desta lugar como area de escalada permanente e revisable.
  2. FGM e Escalada Sostible comprométense a redacción e envío a Consellería deste documento nun período de dúas semanas.
  3. Os axentes das entidades deportivas solicitamos lasitude por parte dos axentes da administración nas súas tarefas de vixilancia e control desta área.

So nos queda pedir aos escaladores que sexan pacientes e respectuosos tanto co entorno que desfrutan como coas persoas que velan pola conservación deste ecosistema. Unha actitude proactiva por parte de todos contribuirá a unha rápida solución a este asunto. Tanto FGM como Escalada Sostible están a vosa disposición para aclarar dúbidas.

Unha aperta.

É un traballo que se está a facer de maneira continuada e que pouco a pouca dará os seus froitos. Nesta tarefa estamos unindo nosas forzas coa organización Escalada Sostible de xeito de aunar obxectivos e sumar esforzos.

 

 

Share Button
This entry was posted in ESCALADA. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA