O pasado fin de semana celebrouse o Campamento e Marcha Infantil-Xuvenil da F.G.M., nesta ocasión a actividade contou cunha excelente organización a cargo do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia de Vigo. No camping de A Freixa deronse cita un centenar de montañeiros federados pertenecentes as entidades de montaña Club Montañeiros Celtas, Clube de Montaña Xistra, Club Alpino Universitario e por suposto o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia.
O tratarse dunha actividade centrada nos máis pequenos o sábado dominaron os xogos dos cativos e a chocolatada pola noite. As propostas dos monitores foron seguidas en todo momento polos nenos.
O domingo tivo lugar a Marcha Infantil-Xuvenil na que participaron tamén gran número de pais e monitores que desenrolouse con calor nun itinerario que polo rio Tea unía A Freixa e Salvaterra do Miño.
No peche da actividade fixose unha entrega de agasallos os nenos e un sorteo de material deportivo que fixo as delicias dos cativos. A continuación dirixiron a palabra os participantes o Presidente do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia Pedro Outón quen destacou a importancia destas actividades conxuntas entre os clubes galegos que fomentan o intercambio. Pola súa parte o Presidente da F.G.M. Adolfo Puch felicitou a todos os presentes pola súa entrega na actividade, destacando as actividades realizadas dirixidas pola sección infantil de Peña Trevinca coordinada por Suso e Rosa e felicitou os seus responsables, animando a todos os clubes presentes a participar como actividades complementarias das que realizan as seccións infantis dos clubes durante todo o ano na formación dos rapaces,a participación en cursos impartidos pola Escola Galega de Alta Montaña da F.G.M. onde os nenos por prezos moi subvencionados teñen acceso a cursos de fin de semana incluindo transporte, pernocta nos refuxios federativos, formación impartida por Técnicos Deportivos da nosa E.G.A.M. e manutención , e rematou agradecendo a numerosa participación no campamento.