QUE É A FGM?

Federación Galega de Montañismo pódese describir facilmente como “unha asociación de clubs” formado por tódolos deportistas montañeiros federados de Galicia. 

En realidade a definición vén dada polos seus Estatutos e polas Leis que regulan a súa forma xurídica.
A Federación Galega de Montañismo é unha persoa xurídica sen ánimo de lucro con plena capacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia e amparada pola Lei do Deporte de Galicia. A súa actividade consiste en agrupar aos deportistas e clubs do deporte do montañismo de Galicia e colaborar cos organismos públicos na promoción e regulación deste deporte en tódalas súas variedades, segundo consta nos seus Estatutos.
Federación Galega de Montañismo tamén está integrada dentro da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) e ostenta de maneira exclusiva a representación desta dentro de Galicia no referente ao deporte que constitúe o seu obxecto social, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu presuposto e o seu réxime xurídico particular.
Actualmente ten o seu domicilio social e estatutario na rúa Fotografo Luís Ksado 17 – oficina 10 – c.p. 36209 de Vigo.
Está rexistrada como entidade deportiva no Rexistro Oficial da Xunta de Galicia.

Réxime legal aplicable (relación da lexislación máis importante):

  • Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia.
  • Lei 11/1997 Lei Galega do Deporte e Lei 10/1990 do Deporte a nivel estatal.
  • Real Decreto 228/1994 de Federacións Deportivas Galegas e Real Decreto 1835/1991 de Federacións Deportivas a nivel estatal.
  • Lei Orgánica 1/2002 reguladora do dereito de Asociacións.
  • R.D.L. 1497/2003 de 28 de novembro que desenvolve o Regulamento de Asociacións.
  • A súa contabilidade e fiscalidade está suxeita ás normas xerais e a normas particulares para Federacións Deportivas e Organizacións Non Gubernamentais (ONG).

Lexislación – Normativa deportiva galega – Lei 3/2012 do 2 de abril do Deporte de Galicia
Estatutos da Federación Galega de Montañismo (2014) 
– ESTATUTOS DA F.G.M. 2014
Transparencia e bo Goberno

Xunta Directiva da Federación Galega de Montañismo

XUNTA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO 2017
Presidente Adolfo Puch Domínguez
Vicepresidente 1º (Área de Montañismo) Raúl Leirós Gutierrez
Vicepresidente 2º (Área de Escalada e Tecnificación en Escalada e Equipos de Competición) José Antonio Villar Comesaña
Vicepresidente 3º (Área de Carreiras por Montaña e Delegado do Equipo de Carreiras por Montaña) Xosé Antón Vázquez Pérez
Secretario Xeral e Vogal Delegado de Árbitros de Carreiras por Montaña Manuel Domínguez Iglesias
Vogal Director de Sendeirismo Alberto Canle Campuzano
Vogal de Actividades Deportivas e Promoción Montañismo Infantil-Xuvenil Fernando Pérez Iglesias
Vogal Promoción do Montañismo Feminino Josefina Maestu Almeida
Vogal Novas Tecnoloxías e Comunicación aplicadas á Adminsitración Federativa Cristina Conde Pérez
Vogal de Refuxios e Dinamización de Sendeiros José Carlos Rodríguez Pérez
Vogal de Competicións de Andainas de Resistencia Eduardo Barrosa Picón
Vogal de Alpinismo Xosé Manuel Otero Fernández
Vogal de Marcha Nórdica Cecilia García Carrara
Vogal de Escalada e Asesor de Infraestruturas de Escalada César Álvarez Pérez
Vogal Director da EGAM David Pérez Araujo
DELEGADOS PROVINCIAIS DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO 2017
Delegado da F.G.M. na provincia de A Coruña Xan Ramírez Gómez
Delegado da F.G.M. na provincia de Lugo Ignacio Jorge Pastor
Delegado da F.G.M. na provincia de Ourense Elías Rodríguez Gómez
ASESORES DA XUNTA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO 2017
Asesora Xurídica Ana Alonso Otero
Asesor para Relacións coas Institucións Públicas Iñaki Bilbao Castro
Asesor de Esquí de Montaña Felipe Martínez Redondo
Asesor de Medioambiente Manuel Doce Blanco
STAFF ADMINISTRATIVO E TÉCNICO
Secretaria Administrativa María Isabel Alonso Otero
Director Técnico José Manuel Pérez Prego
Tesoureiro Evaristo Fandiño Pérez
Share Button
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2018 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • METEOROLOXÍA