FERNANDO ARCA E SONIA BOTANA CAMPIONS DA COPA GALEGA DE CARREIRAS POR MONTAÑA 2013 DA F.G.M.

DSC_0485DSC_0533Na localidade ourensán de Parada do Sil celebrouse o 6 de outubro a 4ª Proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña onde resultaron campións galegos da edición do ano 2013  Fernando Arca Casal de Club de Montaña Xesteiras de Cuntis (Pontevedra) e Sonia Botana do equipo do Clube Ribeira Sacra-Vía XVIII equipo de Parada do Sil e Maceda en Ourense.  Nesta xornada a climatoloxía aliouse e contribuiu o realce da competición, coincidente neste caso co evento estatal do Campionato de España de Clubes da Fedme.

O podium en categoría absoluta masculina estaba composto por Fernando Arca de Club de Montaña Xesteiras  de Cuntis (Pontevedra) como campión, Elpidio Gómez de Club de Montaña Ribeira Sacra-Via XVIII de Parada do Sil e Maceda (Ourense) como subcampión e Roberto Rioboó de Club de Montaña Xesteiras de Cuntis (Pontevedra) como terceiro clasificado.DSC_0632

O podium na categoría veterana estuvo composto por o Campión Jorge Joaaquin Diz de Club de Montaña Xesteiras de Cuntis (Pontevedra), Subcampión Eleuterio Couceiro de Sociedad de Montaña Artabros  de A Coruña e José Antonio Santalla  de Club de Montaña Ribeira Sacra-Via XVIII  (Parada do Sil-Maceda).

A clasificación feminina absoluta foi dominada por Sonia Botaña de Club de Montaña Ribeira Sacra-Via XVIII equipo combinado de Parada do Sil e Maceda (Ourense) seguida de Charo Figueroa do Club de Montaña Car Marisqueiro de Vigo.

Fixeron entrega dos galardóns os corredores galegos o Presidente da F.G.M. Adolfo Puch, o Alcalde de Parada do Sil Francisco Magide e o Secretario Xeral da F.E.D.M.E. Miquel Lusilla.

 

 

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • PROGRAMA Eu son DGAN

    eu son dgan

  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2018 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • METEOROLOXÍA