FERNANDO ARCA E ROSARIO FIGUEROA GAÑADORES NA II BUDIÑO TRAIL DA COPA GALEGA

A 3ª Proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña  en liña da F.G.M,, celebrouse en Budiño  Concello de Porriño (Pontevedra) o 22 de setembro e estivo organizada polo Club Asociación Deportiva A Forna Budiño Trail. Nela participaron 58 corredores que gozaron dos 21 km, de percorrido e 980 m. de desnivel positivo con tempo soleado.

1186150_524119861001648_502771273_a1209237_524120404334927_1029029020_a

A carreira foi dominada na categoría masculina  por Fernando Arca do Club de Montaña Xesteiras de Cuntis e Rosario Figueroa do Club CAR Marisqueiro de Vigo, nunha proba marcada polas altas temperaturas alcanzadas a partir da mitade do percorrido. Na categoría masculina Elpidio Gómez  do Clube de Montaña Ribeira Sacra de Parada do Sil  chegou a meta a 33 segundos do primeiro clasificado, e Roberto Rioboó de Club de Montaña de Xesteiras con máis de 3 minutos. Na categoría feminina cruzou a meta en segunda posición  Mª Estela Alonso con case 14 minutos sobre o tempo de Rosario Figueroa, e Lucía Lago acadou a terceira posición. Esta 3ª proba da Copa Galega de Carreiras en liña e II Carreira Budiño Trail, destacou pola participación de corredores federados, unha organización entregada e con moi boa disposición, coa que esperamos seguir contando en futuras edicións.  E o noso desexo que esta se vaia asentando  no calendario de carreiras e poidamos contar cun maior número de inscricións na próxima Budiño Trail.  1236198_524120014334966_2147471064_a

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA