ÉXITO EN CHANDREXA DE QUEIXA DO CAMPIONATO GALEGO DE CARREIRAS POR MONTAÑA

IMG_2395IMG_2632IMG_2592IMG_2709Éxito na organización e participación no Campionato Galego de Carreiras por Montaña da F.G.M. na carreira de Chandrexa de Queixa. Agradecer aos clubes organizadores ourensanos Running Sport Trail e Club Alpino Ourensán  o esforzo realizado, e a magnífica organización da proba dirixida por Diego Martínez con gran satisfacción de todos, participantes e colaboradores.

Felicitar aos gañadores e gañadoras das probas, Fernando Arca e Sonia Botana na categoria xeral; Sonia Botana e Celso Alonso en categoría veteranas e veteranos respectivamente.

O podium na categoría absoluta masculina foi copado por Fernando Arca Casal (Campión) de Club de Montaña Xesteiras de Cuntis (Pontevedra), Carlos García Expósito (Subcampión) de Club de Montaña Ribeira Sacra-Vía XVIII (Ourense)  e Roberto Rioboo Estévez de Club de Montaña Xesteiras de Cuntis.

Pola súa parte a Campiona feminina absoluta foi Sonia Botana González de Club de Montaña Ribeira Sacra-Via XVIII, acompañada por Subcampiona María del Rosario Figueroa Figueroa de Club de Montaña Car Marisqueiro de Vigo e 3ª Clasificada Begoña Pérez Pousa do Club Alpino Ourensán.

A proba contou ca presencia e colaboración do alcalde de Chandrexa de Queixa.

Entregaron os trofeos da proba o Presidente da Federación Galega de Montañismo o Concellal de Deportes do Concello de Chandrexa de Queixa e o Director da Carreira.

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA