Escola de Escalada da Cidade de Ourense

O pasado día 11 de xullo de 2017 tivo lugar no Concello de Ourense un acto de presentación da Escola de Escalada da Cidade de Ourense iniciativa do clube ASESOU (Asociación de Escaladores Ourensáns) esta escola esta chamada a ser o embrión da potenciación da modalidade de Escalada na cidade das termas. E importante que as iniciativas de carácter local nos clubes de toda Galicia sexán un primeiro escalón de técnificación,  que ten que complementarse cunha segunda fase que corre a cargo da F.G.M. cara a potenciación das nenas e nenos galegos máis preparados para que sigan no Centro de Técnificación de Escalada Federativo a súa preparación cara a representar a nosa comunidade en eventos de carácter estatal e internacional.

Na presentación da Escola Ourensana  por parte de Pablo Prada Presidente do Club (ASESOU) no Salón de Plenos do Concello estiveron presentes o Alcalde de Ourense Xesús Vázquez  o Presidente da Federación Galega de Montañismo Adolfo Puch, O Técnico Municipal Mario González, así como unha amplia representación da Federación Galega de Montañismo o Director Técnico Xosé Manuel Pérez Prego e o Director da Escola Galega de Alta Montaña da F.G.M. David Pérez Araujo.

O remate do Acto no Liceo da cidade tivo lugar a entrega de Diplomas FGM-EGAM por parte do Presidente a F.G.M. para os xoves dos clubes Alpino Ourensán e Asociación de Escaladores Ourensáns que foron recollidos polos presidentes de ambas entidades Alfonso Gonzalez e Pablo Prada. Neste acto incorporouse o Vicepresidente da Área de Escalada de F.G.M. José Antonio Villar Comesaña. 

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, COMUNICADOS, ESCALADA, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA