EGAM: Convocatoria de actualización de monitores de rocódromo 2017

Os tempos avanzan e o noso deporte, a escalada, avanza…. por tal motivo dende a Federación Galega de Montañismo entendemos que os/as máis veteranos/as monitores/as de rocódromo teñen que actualizarse para entrar nun novo marco de traballo e de convivencia coa lóxica entrada da competición no eido da escalada, e co avance das técnicas e feramentas para mellorar a seguridade e a experiencia do escalador/a que chega a nosa man.

Para elo convocamos unha obrigatoria xornada de formación e convivencia no Rocódromo Municipal de Pontevedra para actualizar a súa titulación e os seus coñecementos no eido da súa labor docente.

QUE É E QUE NON É, PARA A FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO, A ACTUAL TITULACIÓN QUE TEÑEN OS/AS MONITORES/AS DE ROCÓDROMO.

É unha titulación federativa adicada ao desenvolvemento da escalada de base só nos rocódromos galegos, e sempre e exclusivamente para desenvolver a súa labor ao amparo dun Club federado galego.

Esta titulación non capacita para desenvolver actividades de escalada no medio natural en ningún caso, nin é para desempeñar un traballo profesional por conta propia ou allea, en ningunha entidade pública ou privada, agás os propios clubs federados galegos de montaña.

QUEN ESTÁ CONVOCADO

Todos os monitores/as de rocódromo titulados/as, pola Federación Galega de Montañismo antes do ano 2016, teñen que acudir obrigatoriamente. En caso de que non acudan as persoas convocadas perderán a súa condición de monitor/a.

QUEN IMPARTIRÁ E  QUE OBXECTIVOS SE TEÑEN

Este curso será impartido pola Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) co obxectivo de unificar a figura de Monitor/a de Escalada en Rocódromos de Galicia (das catro edicións que se levan celebrando), actualizar os criterios técnicos da formación, e integrar a figura de Monitor/a no proxecto de escalada do marco federativo galego actual. Tamén participará os directivos da Vogalía de Escalada da FGM.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • O monitor/a de rocódromo federado/a terá que presentar completa a instancia oficial xunta, na Federación Galega de Montañismo, que deberá vir conformada (selo do Club e sinatura) polo presidente/a do Club onde desenvolva a súa actividade como monitor/a actualmente, ou no ano pasado.
  • O/a aspirante participará fisicamente o 100% da Xornada.

PREZO E PRAZO:

A Xornada obrigatoria é de balde para o/a participante e sufragada pola Federación Galega de Montañismo.

O prazo para presentar a solicitude de participación na Xornada rematará ás 23.59 horas do día 31 de decembro de 2017 e só poderase solicitar a participación presentando totalmente cuberta a ficha xunta ou escaneada por correo-e a info@fgmontanismo.es ou presencialmente na Federación Galega de Montañismo.

LUGAR, CALENDARIO E HORARIO

Farase o domingo día 14 de xaneiro de 2018 ás 14.00 horas no Rocódromo Municipal de Pontevedra (Pavillón Multiusos da Xunqueira, R/ Celso Emilio Ferreiro, 1ª travesía) e durará ata 6 horas.

QUE VIGOR TERÁ A ACTUALIZADA TITULACIÓN

A titulación renovada estará en vigor ata o 2021 dende o momento que os participantes rematen a Xornada, sempre e cando cada ano o Club de pertenza solicite explicitamente a prórroga para cada monitor/a de escalada en rocódromo titulado que abale para traballar no seu Club. Ao remate da data de renovación o/a monitor/a titulado/a terá que facer unha reciclaxe (como esta Xornada) para poder prorrogalo.

Unha vez titulado, de non ser solicitado a prórroga polo Club o monitor/a perderá a súa condición e terá que volver a someterse, en caso de que quixera exercer, a un novo curso.

En caso de que algún técnico da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) detecte algún incumprimento das funcións propias de calquera “Monitor/a de Escalada en Rocódromos Galegos” por parte de algún monitor titulado, o/a técnico/a poderá solicitar de xeito motivado á Dirección da EGAM a rescisión da titulación dese monitor/a, que terá que ser confirmada definitivamente pola Presidencia da Federación Galega de Montañismo.

CURRICULO DA XORNADA

Tema 1  Plan de acción da FGM no campo da escalada deportiva.

Tema 2  Figura do Monitor/a de Escalada en Rocódromos de Galicia para a FGM.

Tema 3  Posta en común das diferentes experiencias levadas a cabo en Galicia desde a primeira promoción de Monitor/a de Escalada en Rocódromos de Galicia.

Tema 4  Presentación de material técnico de seguridade e progresión de recente aparición.

Tema 5  A Educación Física e o adestramento.

Tema 6  Regulamento de escalada deportiva de competición.

 AVALIACIÓN DA XORNADA

Esta será só pola presenza toda a Xornada do/a Monitor/a.

 EXCEPCIÓNS

Calquera excepción sobre esta convocatoria que calquera monitor/a que teña que participar, será considerada polo director da Escola Galega de Alta Montaña, e só quedará recurso fronte ao presidente da Federación Galega de Montañismo.

FICHA DE INSCRICIÓN

Share Button
This entry was posted in COMUNICADOS, CURSOS, ESCALADA, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA