Día de concienciación sobre o cáncro de mama

O pasado xoves 19 de outubro, “Día de concienciación sobre o cáncro de mama”, desenvolveuse a primeira iniciativa promovida dende a Vogalía de Montañismo Feminino da Federación Galega de Montañismo (FGM). Partindo de que na FGM estamos moi concienciadas e concienciados co ámbito da saúde, e como non, co cáncro; dende esta nova Vogalía de Montañismo Feminino, se promoveu e coordinou este proxecto de “Marcha nórdica e saúde”, o cal se elaborou conxuntamente coa Vogalía de Marcha Nórdica.

Este proxecto presentouse á Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra ó Cáncro (AECC), o cal tivo unha moi boa acollida, chegando a solicitarnos dúas xornadas divulgativas de marcha nórdica. As cales se desenvolverían un día especial para nos: o día 19 de outubro “Día de concienciación sobre o do cáncro de mama”.

Estas dúas xornadas consistiron nunha presentación de power point e dunha sesión práctica de marcha nórdica. Na Coruña houbo unha “marcha rosa” dende a sede da AECC dende a Praza Mestre Mateo, ata a Torre de Hércules. E en Santiago de Compostela a “marcha rosa” percoreu parte da Cidade Vella, a Alameda e rematou na Praza do Obradoiro.

Persoas que pasaron e/ou que están pasando por un cáncro, principalmente mulleres, e algúns familiares, participaron activamente nestas dúas xornadas. Na Coruña tamén participou un grupo reducido da asociación ACLAD (Asociación ciudadana de lucha contra la droga).

Con estas xornadas divulgativas a FGM, intentou que as/os participantes, nun ambiente social, distendido e relaxado:

  • Coñeceran a marcha nórdica como actividade física saludable, e
  • Vivenciaran un exercicio físico novedoso, sinxelo, saudable e seguro.

 

A valoración do desenvolvemento destas dúas xornadas foi excelente, tanto por parte das persoas participantes, como por parte das 14 persoas implicadas na organización, desenvolvemento e avaliación deste proxecto, que foron as seguintes:

– Cecilia García Carrara, Licenciada en Educación Física e Técnica de Marcha Nórdica, que impartiu a xornada na Coruña.

– Ricardo Angueira Vázquez, Licenciada en Educación Física e Técnico de Marcha Nórdica, que impartiu a xornada en Santiago de Compostela.

– Ignacio García Pérez, vogal de Marcha Nórdica da FGM.

– Dúas psicólogas da Sede da AECC de Santiago de compostela.

– A psicóloga, a traballadora social e a coordinadora da Xunta Provincial da Coruña da AECC.

– Antonio Guerrero Melguizo, vicepresidente da Xunta Local da AECC de Santiago de Compostela.

– Concepción Fernández Fernández, concelleira responsable de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos de Santiago de Compostela.

– María Isabel Alonso Otero, secretaria administrativa da FGM.

– Xosé Manuel Pérez Prego, director técnico da FGM.

– Adolfo Puch Domínguez, presidente da FGM.

– Josefina Maestu Almeida, Licenciada en Educación Física, vogal de Montañismo Feminino da FGM, promotora e coordinadora deste proxecto.

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, COMUNICADOS, MARCHA NÓRDICA, SENDEIRISMO, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA