Curso de Iniciación ao uso dos GPS’s de montaña

DATAS: 11 de novembro
HORARIO: 10 horas lectivas
LUGAR: Vigo e montes dos arredores
DIRECTOR: Henrique Freixeiro Cameselle
PREZO: 37 €
PRAZAS: 8 deportistas federados/as.
RATIO: 1 monitor/a por cada 8 participantes

1. DESTINATARIOS – Curso orientado aos federados con coñecementos de orientación e planimetría que desexen introducirse no coñecemento e manexo do GPS para uso en deportes de montaña.
É imprescindible ter coñecementos de orientación con plano e compás (por exemplo, ter realizado o curso de orientación da Federación ou semellante. Deberá acreditarse).

2. REQUISITOS:
– Ter a licenza federativa do ano en curso.
– Permiso paterno para os menores de 18 anos.
– Ter coñecementos afianzados de orientación e planimetría. Aqueles que non posúan estes coñecementos non poderán tirar partido do curso. Os monitores non farán explicacións básicas de orientación en consideración con ningún alumno, xa que se supoñen coñecementos asentados a tódolos participantes (é recomendable ter realizado antes un curso de orientación na montaña).

3. OBXECTIVOS – A finalidade do curso é a de facilitar a aprendizaxe das técnicas básicas dos GPS para utilizar na montaña: manexo básico, utilidades, problemas, conexión con ordenadores e potencial de preparación de itinerarios.
Os coñecementos adquiridos permitirannos a realización de percorridos con GPS cada vez máis interesantes e serán a porta de acceso máis segura a outras actividades de maior dificultade. A orientación con GPS debe ser considerada como un elemento de seguridade na montaña, polas enormes vantaxes que representa en caso de perda, accidentes e rescates na montaña.

4. CONTIDOS
Manexo básico de GPS
Configuración do aparello
Utilización con planos 1:25000
Toma de referencias: tracks e waypoints
Base Camp
Presentación de Ozi Explorer. Descarga de datos en ordenador.
Google Earth, e outros recursos na web.
Planificación de rutas en ordenador. Descargas de Wikiloc
Comprobación sobre o terreo do aprendido.

5. PROGRAMA
2 Xornadas teórico-prácticas cunha carga lectiva estimada de 12 horas.
Os horarios serán indicados persoalmente ós asistentes tras formalizar a matrícula (rogamos indiquen o seu móbil)
A localización definitiva do curso queda supeditada a cuestións da a organización, polo que a mesma pode ser modificada con posterioridade, cuestión da que se informaría debidamente ós participantes.

6. MATERIAL NECESARIO – Equipo individual de sendeirismo (roupa cómoda, fresca ou de e abrigo / impermeable, segundo condicións). É posible que as prácticas coincidan preto da hora de xantar, polo que non estará de máis unha pequena mochila con algo de comer e bebida, así como calzado deportivo.
Os GPS serán os propios da FGM. En caso de que algún participante desexe traer o seu, pode facelo, pero non serán dados contidos personalizados. De todas formas, o curso estará baseado no modelo antigo de Etrex de Garmin.

7. INSCRICIÓN – A inscrición farase ou nos clubs federados galegos, que o comunicarán seguidamente á FGM, ou polo interesado/a directamente na propia FGM. A inscrición non será definitiva ata que se faga efectivo o pagamento.
A data límite será 26 de outubro e no caso de máis solicitudes que prazas, a distribución das mesmas será realizada en función do número de licencias de cada club.

8. INFORMACIÓN
Federación Galega De Montañismo – Rúa Fotografo Luis Ksado 17 – VIGO
Tlf: 986 208758 – info@fgmontanismo.es

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, CURSOS, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA