CTE: RESUMO ULTIMA COPA GALEGA BLOQUE INDOOR

CENTRO DE TECNIFICACIÓN DE ESCALADA DEPORTIVA 2017: BREVE RESUMO DA ÚLTIMA “PROBA DA COPA GALEGA DE ESCALADA EN BLOQUE INDOOR”

O pasado día 18 de novembro celebrouse a que foi a derradeira proba da “Copa Galega de Clubs de Escalada en Bloque Indoor 2017” coa participación de a maior parte dos rapaces do Centro de Tecnificación, a excepción dos mais xoves por non ter a idade mínima exisida para competir.

A proba celebrouse nas instalacións do Grupo de Montaña Alud os cales foron os encargados da súa organización, e vaia dende aquí a mais sincera noraboa pola súa xestión do evento. A maiores desta proba, tamén decidiríase o actual Campión Galego da Copa tras sumar as diferentes puntuacións nas distintas probas celebradas.

O evento comezou pola maña coas clasificatorias nas distintas categorías e xa despois de xantar darían lugar as finais as cales chegarían todos os tecnificados tras realizar un bo papel nas clasificatorias. Con respecto os tecnificados os resultados non puideron ser mellores, acadando os  primeiros postos na categoría sub 18 e incluso un deles conseguindo subir o podio na categoría sénior, pese a contar tan so con dezasete anos. A  verdade, e que tras un ano xuntos a experiencia foi moi gratificante acadando todos eles unha gran melloría en termos deportivos e sobre todo a experiencia dos momentos vividos cos compañeiros de equipo, algo que sen dúbida lembraran no seu futuro coma deportistas. Dende o Centro de Tecnificación atopámonos moi satisfeitos polo rendemento xeral do grupo tanto nas probas Indoor coma tamén na rocha o longo das diferentes concentracións que fomos tendo en diferentes escolas de escalada, e esperamos que sexan o xerme dun esperado relevo xeracional que tanto necesitamos na nosa comunidade.

Atopámonos xa na recta final deste periodo e o balance é positivo non soamente polos resultados acadados, senón tamén por ter constituído unha estrutura formativa dende a cal poder apoiar os novos valores no eido da escalada de competición.

Esperemos que o próximo 02 de decembro na nova convocatoria de Probas de acceso consigamos fornecer o equipo con novas incorporacións e demos un paso mais no desenrolo desta modalidade deportiva de cara a un futuro próximo.

Fdo. Centro de Tecnificación de Escalada Deportiva (CTE)

(Agradecementos a Pablo Brea polas fermosas fotografías)

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, ESCALADA, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA