CTE: I Proba da Copa Galega de Escalada en Bloque 2018

Resumo da actividade co centro de tecnificación de escalada da FGM

I Proba da Copa Galega de Escalada en Bloque Indoor. 2018

2 de xuño de 2018 no rochodromo “El Palomar” en Lugo

Formato: Boulder (6 problemas/clasificatorias e 4 problemas/finais)

Nesta ocasión tocou desprazarse ata Lugo co fin de participar na primeira proba da “Copa Galega de Escalada en Bloque Indoor” organizada polo club de montaña Verso Libre e O Veral.

Por diversas causas, entre eles o de non ter a idade mínima exixida, non poideron asistir a totalidade do equipo pero a participación foi moi sobresainte.

A proba celebrouse na sala de boulder situada nas instalacions municipais onde os clubes encargados da organización realizaron unha xestión impecable do evento, polo que dende aquí queremos dar as nosas felicitacións, extensible tamén a todo corpo de árbitros e equipadores da FGM pola súa gran tarefa.

O evento comezou coma sempre coas clasificatorias pola maña e xa despois de xantar darían lugar as finais.

Con respecto os rapaces tecnificados conseguiron acadar todos o paso as finais tras realizar un meritorio papel na ronda de clasificación.

Por un lado e coma xa nos ten acostumados, Adrián Alvarez acadou unha terceira posición moi meritoria nesta ocasión na nova categoría senior, isto tendo en conta a sua idade, o cal fai presupoñer un futuro prometedor.

Por outra banda e xa na categoria sub 18 masculina, de novo acadaron todos eles os primeiros postos da clasificación, con David Alvarez como máximo expoñente e cun papel moi destacado na fase de clasificación.

E xa por último e igual de importante, sinalar o papel das nosas tecnificadas. Elas tamén acadaron o podium da proba na categoría Sub18 feminina. Moi reseñable o traballo da primeira clasificada Estela Miles.

Unha vez mais os resultados confirman o traballo realizado e animan e impulsan a seguir nesta linea de traballo.

Pola nosa banda nada mais que amosar de novo a nosa satisfación polo rendemento do equipo e a súa actitude no eido da competición.

Asdo.

Centro de Tecnificación de Escalada Deportiva (CTE)

 

 

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, ESCALADA. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2018 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • METEOROLOXÍA