COPA GALEGA DE ESCALADA BASE 2ª PROBA E FINAL NO ROCODROMO DE RIAZOR

2

O pasado día 22 de xuño tivo lugar no Rocódromo de Riazor (A Coruña) a 2ª Proba da Copa Galega de Escalada Base froito da colaboración da Sociedad de Montaña Artabros e a F.G.M. contou coa asistencia de nenos pertenecentes a Club Montañeiros Celtas e Clube de Montaña Xistra de Vigo e dos clubes coruñeses Agrupación de Montañeros Independientes (AMI) e Sociedad de Montaña Artabros.

A proba constaba o igual que a primeira feita en Vigo de unha parte competitiva e outra lúdica e de xogo para os máis pequenos que van tomando nestas probas contacto co mundo da escalada. En categoría Sub 16 na proba coruñesa as clasificacións dos podiums foron as seguintes: 1º Antón Blanco Rey de Agrupación Montañeros Independientes (AMI), 2º Felipe de Frutos Martínez de Clube de Montañ5a Xistra e 3º Javier Alejandro García de Club Montañeiros Celtas. Polo que repecta a categoría Sub 18  Sergio Rueda e Javier Vázquez ambos de Club Montañeiros Celtas  foron primeiro e segundo.

A Copa contou finalmente cun podium con Javier Alejandro García de Club Montañeiros Celtas como Campión, Felipe de Frutos Martínez de Clube de Montaña Xistra como Subcampión e Arturo Mateo  de Club Montañeiros Celtas como 3º Clasificado.

Na categoría Sub 18 coparon o primeiros postos Sergio Rueda e Javier Vázquez de Montañeiros Celtas.

A organización contou6 cun gran traballo na dirección de Fernando Cancelo Presidente de Artabros e Felipe Martínez Redondo Coordinador de Actividades da F.G.M.  que foron os encargados de entregar os agasallos os triunfadores da proba e da Copa Galega de Escalada Base deste ano 2013.

Enhoraboa a todos.

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA