CONMEMORACIÓN DO 50 ANIVERSARIO DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO

Nun emotivo acto celebrado na cidade de Vigo o día 2 de novembro de 2013 coincidindo coas Xornadas Estatais de Sendeirismo da FEDME, tivo lugar o evento da Conmemoración do 50 Aniversario da Federación Galega de Montañismo. O encontro acudiron un centenar de montañeiros e o remate da Cea tivo lugar un acto presidido conxuntamente polo Presidente da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada  Joan Garrigós, e o Presidente da Federación Galega de Montañismo Adolfo Puch,  de recoñecemento a  unha serie de persoas e entidades propostas pola Xunta Directiva da F.G.M.,  no que foron protagonistas e recibiron os seus merecidos agasallos os Deportistas Galegos de Alto Nivel (D.G.A.N.)  José Carlos Romay Cambón, José Juan Domínguez López, Roberto López Iglesias, Sechu López Pérez e Abel Alonso Gómez a título póstumo o noso amigo falecido na baixada do Gasherbrum I cuxo galardón foi recollido conxuntamente pola súa compañeira María o os séus pais Fina Gómez e Abel Alonso.

DSC_0051DSC_0056

A continuación o conductor da gala Manuel Domínguez citou a Jesús Martínez Novas como o galego que o longo da historia da nosa federación acadou máis cimas  de 8.000 m., que recibiu unha placa pola súa traxectoria deportiva, seguidamente tocoulle o turno e foron agasallados  os tres directivos federativos que máis anos adicaron a laboura federativa o longo destes 50 anos que resultaron ser Raúl Leirós, Xosé Lois Freixeiro e Adolfo Puch.

DSC_0054DSC_0060DSC_0064DSC_0068

Chegou despois o momento de recoñecemento a labor didáctica do órgano encargado pola Federación da enseñanza a nosa E.G.A.M. (Escola Galega de Alta Montaña) e en representación da mesma foron galardoados o 1º Director da Escola  Antonio Veiga González, quen por encontrarse hospitalizado foi representado no acto por Sara Ferro Paz a súa dona. A continuación o Director que adicou máis anos a dirección didáctica federativa Antonio Fernández Pena (Cholo) tivo o seu homenaxe federativo. Despóis foron protagonistas os Clubes existentes cando fundouse a Federación Galega de Montañismo  Club Montañeiros Celtas e os Clubes heredeiros do orixinario Club Peña Trevinca  o Club Peña Trevinca-Barco, Club Alpino Ourensán e Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia.DSC_0092

DSC_0086

DSC_0112DSC_0111

A continuación despois da placa de recoñecemento o Concello ourensán de Parada de Sil pola súa colaboración co noso deporte, recibiron os seus galardóns as federacións Autonómicas representadas polos seus presidentes o membros das xuntas directivas presentes no acto, así como a Federaçao Portuguesa de Campismo e Montanhismo na persoa da súa Vicepresidenta  Bárbara Brandao e a Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada representada polo Presidente  Joan Garrigós. Seguidamente tivo lugar un recoñecemento a todas as personas que desempeñaron a Presidencia da F.G.M. dende 1963 en algunha etapa destes 50 anos Constancio Veiga González a título póstumo recollida pola súa  cuñada Sara Ferro, José María Pérez Berenguer na persoa da súa viuva Amalia Lorenzo, Rogelio Pereira Muiños  recollida por Càndida Rico, Manuel Conde Oya, Xosé Lois Freixeiro López e Adolfo Puch Domínguez.  O Peche do Acto dirixiron unhas palabras de salutación e agradecemento pola asistencia a todos os presentes  o Presidente da FEDME e o Presidente da F.G.M. destacando ambolos dous o traballo realizado por todos nestes 50 primeiros anos de vida da Federación Galega de Montañismo.

DSC_0120DSC_0114

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • PROGRAMA Eu son DGAN

    eu son dgan

  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2018 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • METEOROLOXÍA