CONDICIÓNS DE USO DESTE SITIO WEB

A Federación Galega de Montañismo (en adiante FGM) pola presente indica os termos e condicións de uso do lugar http://www.fgmontanismo.com e http://www.fgmontanismo.es.

Este é un sitio web que a FGM pon a disposición dos seus federados e de tódolos usuarios da rede Internet. O seu obxectivo é fornecer servizo e información a devanditos usuarios e proxectar e dar a coñecer así a Federación e a súa actividade.

Tódolos dereitos están reservados. Non está permitida a modificación da Web nin dos seus contidos.

A información facilitada a través deste Web non substitúe a publicidade dos documentos que deban publicarse en Diarios, Boletíns Oficiais, libros de Actas ou outros que estatutariamente sexan obrigatorios, cuxa edición é instrumento que dá fe do seu contido.

A FGM non é responsable do contido, exactitude e actualización da información que provén doutras persoas físicas ou xurídicas e que conste no lugar Web ou á que se remita a partir de enlaces ou outros sistemas.

A FGM non ten control ningún sobre enlaces a outras páxinas do World Wide Web ou a recursos externos que a FGM, ou terceiras persoas, poida prover. Vostede recoñece e está de acordo en que a FGM non se fai responsable da dispoñibilidade de tales páxinas ou recursos externos, e que non patrocina ou se responsabiliza por ningún contido, publicidade, produto ou outro material dispoñible en tales páxinas ou recursos externos.

Igualmente, vostede recoñece e está de acordo en que a FGM non se fai responsable, de xeito directo ou indirecto, de calquera dano ou perda ocasionado, ou supostamente ocasionado, polo uso de informacións, bens ou servizos obtidos mediante tales páxinas ou recursos externos.

Vostede está de acordo en que, baixo ningunha circunstancia, a FGM, será responsabilizada de danos directos, indirectos, fortuítos ou de ningún outro tipo, que resulten do uso de calquera contido da nosa páxina. Isto inclúe perdas ou prexuízos causados en total ou en parte pola nosa neglixencia ou por situacións fóra do noso control ao crear ou enviar calquera parte desta Web.

Tódolos datos fornecidos polos usuarios non se destinarán a outras finalidades que as expresadas en cada caso, nin tampouco se facilitarán a terceiros, de acordo cos principios de protección de datos de carácter persoal que establece a Lei Orgánica de Protección de Datos (Lei 15/1999, de 13 de decembro).

A FGM non garante que a Web e o servidor estean libres de virus e non se fai responsable dos danos causados polo acceso ao sitio web ou pola imposibilidade de acceder ao mesmo. A FGM resérvase o dereito a modificar e ampliar contidos, informacións, etc., deste lugar Web en calquera momento e sen previo aviso.

O interese da FGM é o de que este sitio web funcione coa máxima eficacia e cumpra a finalidade para a que foi creado e por iso manteno, pondo tódolos medios razoables para conseguilo, pero non se responsabiliza de posibles disfuncións e/ou anomalías no seu funcionamento.

A FGM poderá modificar os termos e condicións que aparecen nesta páxina Web e, xa que logo, aconsella a súa consulta cunha periodicidade razoable por se se producen cambios nos mesmos. O uso deste sitio web implica a aceptación dos termos e condicións contidos no mesmo.

Condicións de especial relevancia sobre enlaces dende e cara a este sitio web

A FGM non se fai responsable do contido doutros sitios e páxinas web alleas, aos que os enlaces que contén este sitio web puidesen conducir ao usuario. A FGM non exerce ningún tipo de control sobre devanditos sitios web e, xa que logo, non se fai responsable dos danos producidos por contidos ilícitos, pola súa calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos sitios enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable á FGM.

O enlace a este sitio dende outras páxinas web tampouco implica que a FGM subscriba ou aprobe os seus contidos nin supón relación corporativa ou comercial ningunha.

A existencia de enlaces non debe presupor tampouco a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación da FGM coas manifestacións, contidos ou servizos provistos.

Share Button
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA