CONCENTRACIÓN DO EQUIPO DE NOVOS ALPINISTAS GALEGOS (ENAG) EN ARAGÓN

O ENAG concentrouse en terras aragonesas para comezar o seu Programa de Tecnificación de Alpinismo.

As malas condicións meteorolóxicas da cordilleira cantábrica fixeron que se desprazaran a Riglos, co obxectivo de eludir as tormentas pireneicas e, en canto o tempo o permitiu, ao val de Zuriza/Ansó para continuar co programa de escalada en rocha nun contorno máis alpino.

O nivel de actividade para un equipo que está comezando é de deportistas de alto nivel, realizáronse rotas de aventura e de dificuldade extrema como a Murciana ou a Superchooper ao Mallo Pisón, a Mosquitos ou El Zulú Demente na Visera, en Ansó a Arista Este ou a Estel rematando no cumio da Peña Ezkaurre (con case 1000 mts de percorrido sobre aresta) e nas paredes que contornan o río Veral escalaron a Biba Fidel no Espolón Solitario e a Karmele no Espolón del Italiano.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O día que a meteo era máis incerta aproveitarono facendo escalada deportiva no val do Roncal e despediron a semana coñecendo a escola navarra de San Fausto. Cinco deportistas, dous instructores e Victor Barro como fotógrafo/escalador, integrado totalmente co ENAG, en seis días non stop para arrincar cun programa de altas capacidades, para coñecerse máis e complementarse na procura da eficiencia e a evolución, un EQUIPO en todos os sentidos.

Parabéns pola actividade!!!

Xunta de Galicia / Deporte Galego

Colaboradores:

Fotografía: Víctor Barro FOTOSconLETRA

Kailas Spain

Rgrip Ignacio Castro Armesto 

Terra Deporte Aventura 

cume norte

 

Mais fotos:

 

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, ALPINISMO, ENAG, ESCALADA, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • PROGRAMA Eu son DGAN

    eu son dgan

  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2018 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • METEOROLOXÍA