COMUNICADO DO 22/02/2013

Estimados amigos Presidentes dos Clubes de Montaña de Galicia:

Un ano máis faremos as xuntanzas zonais cos Clubes de Montaña de Galicia co obxetivo de informar dos proxectos federativos e escoitar e recoller as vosas suxerencias sobre a nosa F.G.M. , os marcos elexidos este ano 2013 para facer ditas reunións serán os seguintes:

Provincia da Coruña
4 de marzo nas instalacións da Sección de Montaña do Club Deportivo Fontiñas entidad que fará de amable anfitrión, en Area Central Interior (acceso polo ascensor preto da Confitería Herma) a 4ª Planta en Santiago de Compostela.

Provincia de Lugo 
6 de marzo por xentileza da Asociación de Sendeirismo Paso Miudo terá lugar na Casa da Cultura (Frente os Colexios) na Avda. Deputación, 6  en Ferreira-Valadouro.

Provincia de Ourense
7 de marzo nos locais da Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU) que nos acollerán en Rúa Antonio Puga, 20 en Ourense.

Provincia de Pontevedra
13 de marzo
 coa colaboración Clube de Montañismo A Peniza no Pavillón Municipal de Deportes (Sala do Rocódromo) en Lalín.

Esperando contar coa vosa participación nestas Reunións Zonais da F.G.M., despídome cun cordial saúdo e unha forte aperta.

Adolfo Puch
Presidente

 

FGM
Share Button