COMUNICADO DO 27/12/2012

FELICITACIÓN A TODOS OS PRESIDENTES DOS CLUBES DE MONTAÑA DE GALICIA

Estimados amigos e compañeiros Presidentes dos Clubes de Montaña de Galicia:
A punto xa de rematar un ano moi complicado a todos os niveis pola profunda crise económica, quero dende estas liñas transmitiros unha mensaxe de optimismo.
A nosa Federación mantense ben no plano económico, pese os recortes dos derradeiros anos.
Temos unhas Licencias Deportivas cara o ano 2013 moi competitivas, a bos prezos e con moi boas prestacións.
O noso colectivo non decrece sino que cada día e máis forte, e no ano 2012 experimentamos un impulso importante na creación de novos clubes e aumento das Licencias Deportivas, alcanzando moi perto das 2400 unhas 300 máis que no 2011. Isto e un mérito de todos, dos Clubes Veteranos facendo promoción da ficha federativa, das Novas Entidades creadas moitas delas centradas no Sendeirismo, Carreiras por montaña ou Escalada que aportan máis deportistas o noso colectivo, e pensamos que tamén da Federación que na medida das súas posibilidades contibue con axudas as actividades federativas e os clubes, atención os nosos federados e potenciación e mantemento das importantes áreas de Competición, Didáctica Deportiva e Actividades tradicionais de Montaña.
A nosa páxina web non dispoñemos a día de hoxe de datos definitivos, pero pensamos por estadísticas anteriores que pode superar ampliamente as 30000 visitas,  e xa e un moi importante medio de comunicación cos Clubes e os nosos federados.
Os logros que pouco a pouco imos acadando en tempos moi difíciles son mérito de todos dos Presidentes dos Clubes, das Xuntas Directivas, das Secretarias e Secretarios, que moitas veces exercen de auténticos Relacións Públicas potenciando o Montañismo no seu ámbito de actuación, dende os pobos as cidades da nosa Galicia.
Enhoraboa a todos e dende a F.G.M.
“Vos desexamos unha boa saida do ano 2012, e un moi feliz e venturoso ano 2013 a todos os que colaborais a facer moito máis grande este deporte que amamos que chámase Montañismo”
Grazas a todos, un cordial saúdo e unha forte aperta.

Adolfo Puch

Share Button