COMUNICADO DO 5/12/2012

A continuación presentamos o Calendario Federativo correspondente o ano 2013, que pensamos será moi interesante para todos os nosos federados, polo tanto, queremos destacar que no mesmo figuran nas diferentes Areas e Modalidades as seguinte actividades:

Area de Competición 
1 Campionato de España por Clubes de Carreiras por Montaña, 4 Probas do Campionato Galego de Carreiras por Montaña e 1 Campionato Galego da mesma especialidade, 1 Campionato Galego de Escalada en Bloque, 2 Probas da Copa Galega de Escalada Base e 1 Copa Galega de Andainas de 50 Kms con 8 probas.

Area de Didáctica 

Un total de 26 Cursos de todas as especialidades do noso deporte (Escalada, Alpinismo, Montañismo Xeral, Orientación, Esquí e Barranquismo), incluidos 1 Curso de Monitores de Club e 1 Curso de Monitores de Rocódromo e 6 Actividades de Alto Rendimiento.

Area de Actividades Tradicionais
1 Percorrido de Esquí de Montaña, 2 Campamentos e Marchas un de maiores e outro de infantiles e xuveniles, 1 Marcha con vivac, 1 Marcha de Montañeiros Veteranos e 1 Descenso de Barrancos. Este ano teremos 1 Campamento de Alta Montaña en Marruecos, e as Xornadas Estatais de Sendeirismo da Fedme terán lugar en Galicia.

Novamente quero destacar que todas as Actividades federativas de Competicion, Didáctica, e Montañismo Xeral pretenden sempre ser un complemento e un apoio os Calendarios confeccionados polos nosos clubes. Do mesmo modo, e pese a “situación económica que estamos vivir”, quero unha vez máis chamar a vosa atención sobre o feito de que o noso deporte “pese a non ser no seu orixen competitivo” esta a desenrolar esta faceta, e cada vez e máis necesario ter socios que fagan actividades de competición, xa que esta faceta do noso deporte esta a ser moi valorada por todos os organismos públicos no momento de optar a posibles subvencións. Do mesmo modo, as denominadas Actividades Tradicionais e Cursos poden do mesmo xeito apoiar posibles solicitudes de axudas coas correspondentes certificacións federativas.
Para rematar quero destacar que o ano que ven pretendemos facer algúns actos destacados co obxetivo de conmemorar o 50 Aniversario da fundación da FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO.

 

FGM
Share Button