COMUNICADO DO 3/04/2012

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA F.G.M.

O día 31 de marzo tivo lugar a Reunión de Comisión Delegada e a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Montañismo ca asistencia de todos os Asembleistas polos estamentos de clubs, deportistas, técnicos e árbitros e baixo a presidencia de Adolfo Puch.

En dita xuntanza aprobáronse por unanimidade o Acta da Asemblea de 2011, a Memoria de Actividades do mesmo ano, así como o peche das contas do mesmo exercicio, o proxecto deportivo e de xestión e os orzamentos cara a ano 2012, foron así mesmo adxudicadas as actividades deportivas para o ano 2013, procedeuse a nominar o Mellor Club Galego do ano 2011. En canto as propostas dos clubs foron aprobadas dun total de oito propostas dúas das presentadas polas entidades Club de Montaña Xistra “sobre as actividades federativas que non poderán coincidir con outras do calendario agás dos cursos da E.G.A.M.” e outra do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia “para a creación nos orzamentos da F.G.M. de unha partida económica que garantice, e tamén poña teito as axudas a promoción do montañismo infantil-xuvenil en Galicia”.

No computo xeral de participación en actividades, cursos, competicións e licenzas deportivas o orden de puntuacións dos clubs galegos foi o seguinte:

1º Club Peña Trevinca Montañeiros Galicia (Vigo)
2º Clube de Montaña Xistra (Vigo)
3º Club Montañeiros Celtas (Vigo)
4º Clube de Montaña Ribeira Sacra (Parada do Sil-Ourense)
5º Sociedad de Montaña Artabros (A Coruña)
6º Club Alpino Ourensan Manzaneda (Ourense)
7º Asociación de Escaladores Ourensáns (Ourense)
8º Club de Montaña O Veral (Lugo)
9º Club Deportivo Fontiñas (Santiago de Compostela)
10º Clube de Montaña e Escalada Azimut (Vigo)
11º Club Deportivo Red 1 Ourense (Ourense)
12º Club Montañeiros de Pontevedra (Pontevedra)
13º Club Montaña Ferrol (Ferrol)
14º Club Peña Trevinca Barco (Barco de Valdeorras)

Unha vez rematada a Asemblea sobre as 21 horas desenrolouse a Gala de entrega de galardóns a todas aquelas persoas e entidades que a xuizo da Xunta Directiva da F.G.M. fixéronse merecedores de tales recoñecementos o Presidente Adolfo Puch acompañado dos dous Vicepresidentes Manuel Granada e Raúl Leirós fixeron entrega dos trofeos seguintes:
Os recoñecementos ós participantes na Copa Galega de Marchas de 50 quilómetros.
Club Montañeiros Celtas como o club galego que participou nun maior número de actividades, cursos e competicións federativas.
Sociedad de Montaña Artabros recibiu o recoñecemento por ser o club con máis participación nas Copas Galegas de Escalada en Bloque e de Carreiras por Montaña do circuito galego da F.G.M..
Clube de Montaña Ribeira Sacra pola súa traxectoria de organización de actividades federativas estatais nos últimos anos, esta entidade organizou varias probas da Copa de España de Carreiras por Montaña con total éxito e no ano 2012 organizará o Campionato de España de Carreiras por montaña individual e por seleccións autonómicas así como o Campionato Galego da mesma especialidade.
Clube de Montaña Xistra e a entidade galega que leva organizando máis actividades federativas nos últimos anos e como non no 2011 merece novamente o noso recoñecemento.
Sociedad de Montaña Artabros leva moitos anos sendo a entidade galega que expide maior número de licencias deportivas en Galicia, a súa labor de promoción da Licenza Deportiva e motivo do agradecemento sinxelo da F.G.M..
Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia recibe o recoñecemento como “Mellor club galego do ano”, a nosa felicitación polos logros acadados ata agora no ámbito federativo, na promoción do noso deporte e fundamentalmente recibe esta distinción por un compendio de varias colaboracións, pola expedición de Licenzas Deportivas nun abano moi completo de idades, participación nas actividades tradicionais da F.G.M. con masiva afluencia de montañeiros maiores e veteranos, aportación de cursillistas nas actividades da nosa E.G.A.M. E pola súa paulatina incorporación o deporte de competición federado na Copa Galega de Escalada en Bloque.
Abel Alonso Gómez este montañeiro vigués socio do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e afincado en Pontevedra acadou o cumio do Monte McKinley (6194 m.) en Alaska (EEUU). Pertenece a unha nova fornada de deportistas modestos e tenaces que nos enorgullecen a todos de practicar este duro pero gratificante deporte. Grazas Abel por ser tan humilde e auténtico.
Roberto López Iglesias montañeiro lucense e veciño de Vigo e membro do Clube de Montaña Xistra acadou xunto con Abel o Cumio do Monte McKinley (6194 m.) en Alaska (EEUU). Falar de Roberto e falar dun gran deportista na montaña, un tipo extraordinariamente simpático, animoso, según os seus compañeiros de expedicións se pode ir con él ata o fin do mundo, isto di moito en favor da súa traxectoria e personalidade. Grazas Roberto por ser ti mesmo.
José Juan Domínguez López este escalador vigués afincado en Fornelos de Montes (Pontevedra) e socio de Club Montañeiros de Pontevedra e un deportista excepcional que fíxose merecedor do seu galardón pola súa ascensión en solitario da Vía Triple Directa ó Capitán en Yosemite (Colorado) (EEUU) actividade sen dúbida destacada no ámbito da escalada. E membro da Escola Galega de Alta Montaña da F.G.M., un gran profesional da didáctica deportiva, pero ó mesmo tempo o merece fundamentalmente porque e sobre todo unha gran persoa. Grazas José Juan. Con personas e deportistas como estes o futuro do noso deporte esta garantizado por moitos anos.

Adolfo Puch

Podes ver algunhas fotos máis aquí.
 

Share Button