COMUNICADO DO 9/02/2012

A FGM esta a levar unha campaña de divulgación dos deportes de montaña entre os escolares de idades dende os 11 aos 14 anos. Neste primeiro inicio da campaña comezamos nos colexios de Vigo e A Coruña, xa que son as cidades onde se concentra a maior porcentaxe da población de Galicia, logo segueremos ca campaña noutras cidades e colexios. Imos pouco a pouco e sen parar.

Os nosos deportes non son moi coñecidos, e é bo amosalos ao máis xovés, os futuros deportistas de montaña. Amosámoslle que existe un colectivo de clubes e persoas que pratican uns deportes nos cales tamén existe a parte divertida, que non son aburridos, que se achegan a un mundo onde hai moito que descubrir e vivir. O facemos ca axuda dunha proxección comentada de vivaz voz que dura uns cincoenta minutos, unha vez finalizada, amosámoslle material deportivo de todos os deportes, desde a escalada ata o alpinismo. Deixámoslle que o toquen, proben a súa dureza, algún mecanismo de funcionamento e vestilos probando arneses e cascos. Grazas a isto creáse unha boa dinámica onte os xoves perden a súa timidez e fan todo tipo de preguntas que serán o xerme dun futuro interese polos nosos deportes.

Xa estivemos neste colexios, Marista de Vigo, Divino Salvador de Coruxo e CEMAR en Mondariz. A primeira conclusión é que os rapaces son moi receptivos e interésanse polo que ven e escoitan. Segueremos co noso esforzo visitando outros centros educativos procurando xerar interese nos xoves para que se acheguen aos clubes onde atoparán o ambente e actividades de montaña.


Share Button