COMUNICADO DO 18/06/2011

Un dos obxetivos da nosa Federación na nova etapa e axilizar o máximo a información os clubes e federados utilizando a importante arma da nosa web www.fgmontanismo.com. A intención e que no vindeiro mes de outubro teñamos colgada toda a información do Calendario federativo de 2012 na nosa páxina, o que representará un importante avance para todo o colectivo federado. Se poderá optar polas múltiples opcións que oferta a F.G.M. nas vertentes do montañismo tradicional, a didáctica e a competición dous meses antes do comenzo do novo ano, e que por suposto buscan ser apoio e complemento das habituais actividades dos nosos clubes, que foron, son e serán o armazón básico do montañismo galego e os receptores dos novos federados.

Dentro da vertente competitiva do noso deporte que estamos a desenrolar, o calendario federativo para o ano 2012 incluirá:
• 4 Probas da Copa Galega de Escalada en Bloque da F.G.M. (A desenrolar en salas de Boulder de toda Galicia).
• 4 Carreiras puntuables para a Copa Galega de Carreiras por Montaña da F.G.M..
• 2 Competicións para a nova Copa Galega de Escalada Base (Orientada ó montañismo infantil-xuvenil de promoción que viñase facendo como Campionato en Vigo dende fai sete anos, o vindeiro ano terá duas sedes A Coruña (rocódromo de Riazor) e Vigo (rocódromo do Pavillón das Travesas), e dita actividade estará organizada polos clubes Sociedad de Montaña Artabros e Club Montañeiros Celtas en colaboración coa F.G.M..
• 1 Proba valedeira para o Campionato Galego de Esquí de Montaña competición xa axudicada na sua primeira edición na derradeira Asemblea ó Clube de Montaña Xistra.
• 1 Campionato Galego Kilómetro Vertical da F.G.M..
• 1 Multiactividade por Montaña da F.G.M..

Todas as entidades de montaña galegas que opten a organizar no ano 2012 unha proba da Copa de Escalada en Bloque ou da Copa de Carreiras por Montaña da F.G.M., o Campionato Galego Kilómetro Vertical ou ben a Multiactividade de Montaña terán de prazo ata o vindeiro día 8 de xullo do presente ano, para presentar a sua candidatura. Deberán propoñer unhas datas para facer as citadas probas, e os lugares elexidos, intalacións, macizos ou serras onde facer as mesmas, e que do mesmo modo que estase a facer este ano contarán co apoio e asesoramento federativo.

Dende a Federación queremos agradecer a importante colaboración dos seguintes clubes neste ano 2011 o bo desenrolo das nosas actividades de competición refírome a Asociación de Escaladores Ourensáns (Ourense), Sociedad de Montaña Artabros (A Coruña) e Club de Montaña O´Veral (Lugo) na Copa de Escalada e Sección de Montaña da Asociación Deportiva San Roque-Viveiro (Viveiro-Lugo), Clube de Montaña Ribeira Sacra (Parada de Sil-Ourense), Club Alpino Ourensán e Club de Montaña Red 1 (ambolos dous de Ourense) na Copa de Carreiras por Montaña, e Club Montañeiros Celtas (Vigo) no Campionato de Escalada Base.

O proxecto didáctico para o ano 2012 e ambicioso cunha proposta de 25 cursos, 77 días de actividade lectiva, e unha oferta o alumnado sempre federativo de 350 prazas nos cursos o longo de todo o ano.
Xa temos as actividades tradicionais coas suas datas para ó 2012 nas que esperamos a máxima participación dos montañeiros galegos, e que sirvan de punto de encontro para montañeiros e directivos dos clubes de toda Galicia:
4 e 5 de febreiro Percorrido de Esquí de Montaña F.G.M.-Club Montañeiros Celtas
7 e 8 de abril Campamento e Marcha Territorial F.G.M.-Clube de Montaña Xistra
9 e 10 de xuño Marcha con vivac F.G.M.-Club Peña Trevinca Montañeiros Galicia
7 e 8 de xullo Descenso de Barrancos F.G.M.-Clube de Montaña Xistra
9 de setembro Marcha de Montañeiros Veteranos F.G.M.-Clube de Montaña Xistra
29 e 30 de setembro Campamento e Marcha Infantil-Xuv. F.G.M.-Sociedad de Montaña Artabros
Tampouco fallará a sua cita anual a Copa Galega de Andainas de 50 km. da F.G.M.

 

FGM
Share Button