Campionato Extremadura: Dificultade e Velocidade 2017

SEGUNDO POSTO PARA O ESCALADOR GALEGO ADRIÁN ÁLVAREZ (CLUB A.M.I.) NO CAMPIONATO DE EXTREMADURA.

Notable actuación de catro escaladores galegos, 3 deles adscritos ao programa de Tecnificación 2017 da FGM, no Campionato de Extremadura de Dificultade e Velocidade Plasencia 2017, celebrado onte no Cereza Wall.

Adrián Álvarez, en sub18, acada unha incrible segunda posición; e o seu irmán David Álvarez (Club A.M.I.), tamen en sub18, ainda que é cadete, métese na final para rematar nun meritorio séptimo posto. Ámbolos dous pertencen ao clube AMI da Coruña e adestran con regularidade da man Jacobo e Arturo.

Por outra banda Mateo Toro (cadete pero competindo en sub18) da Asociación de Escaladores Ourensáns (AS.ES.OU.) tamén métese na final e remata a competición en noveno lugar; o seu irmán Felipe Toro (AS.ES.OU.) participa en categoría infantil (en formato non oficial) onde se compite en top tope e con uso de capacete, e remata a competicion nun moi destacable cuarto lugar.

¡¡¡Noraboa!!!

ALGÚNS VIDEOS:

 

 

 

 

 

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, ESCALADA. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA