CAMPIONATO E I PROBA DA COPA GALEGA DE ESCALADA EN BLOQUE FGM 2016

DSC_0282Axuntamos pdf co cartel anunciador e ficha de inscrición da I Proba da Copa e Campionato Galego de Escalada en Bloque da FGM organizado polo club Azimut.

Ambas probas desenvolveranse en Vigo dentro das xornadas coñecidas como Vigo Street Stunts. Un evento de deportes non maioritarios queste ano tamén acolle a escalada na súa modalidade de bloque. Este evento levarase a cabo durante os días 8 ao 10 de xullo cunha afluencia de público estimada nas 15.000 persoas. Haberá ambiente.

DSC_0217A estrutura de escalada estará ubicada no porto comercial onde será vista por multitude de persoas. Este ano, haberá categoria sub-18 feminina e masculina, elas e eles teñen a inscrición a proba gratuita, os animamos a participar.

Lembramos a todas e todos os escaladores que as inscricións teñen que ser remitidas ao clube organizador ao ser correo electrónico clubeazimut@gmail.com, xunto ca copia da licencia federativa, sin ela non se poderá participar. As prazas dispoñibles para participar son as seguintes:

  • Categoria sub-18 femininas e masculinas: 25
  • Categoría senior feminina e masculina: 50

Os e as participantes na categoría senior teñen unha cuota de inscrición de 12€ e a abonara ao seguinte número de conta: ABANCA ES27 2080 5053 6430 4002 1783

P1160013

O desenrolo das probas é o seguinte

  • Venres 8 e sábado 9 de xullo. Campionato e I Proba da Copa Galega de Escalada en Bloque categoria sub-18 feminina e masculina.
  • Sábado 9 e domingo 10. Campionato e I Proa da Copa Galega de Escalada en Bloque categoría senior masculina e feminina.

P1160059Podedes descargar a folla de inscrición que tamén se axunta neste comunicado.

Ficha_Inscrición_CopaGalegaBloque

AF ESCALADA BLOQUE

Share Button
This entry was posted in ESCALADA. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA