Campionato de España Xuvenil de dificultade

O pasado sábado 21 de Outubro, o escalador Adrián Alvarez, miembro do equipo de tecnificación da FGM, participou no Campionato de España xuvenil celebrado en Barcelona.

Con 17 anos recen cumpridos e tan so dous e medio escalando, esta xoven promesa afrontou con determinación o bautizo na competición de alto nivel.

O sorteo decidiu que saira de primeiro e as 7.00 a sua actuación abría as clasificatorias; nervios, poucas horas de sono e pouco bagaxe competitivo, foron lastres que non facilitaron o seu pase a final; ainda así os nosos parabens por unha mais que digna participacion.

O preguntarlle polas suas impresions unha vez rematada a competicion, dinos, palabras textuais, o seguinte:

“A verdade e que para min foi unha das millones experiencias da mina vida, pero a escalada dende o meu punto de vista non e solo competicion; a sua millor parte e a de tirarte polo monte e patear, descubrir paisaxes únicas e coñecer xente incrible”   e engade    “Con isto quero animar a calqueira que teña a oportunidade de probar este deporte a que o faga, xa que ,sen dubida, quedara enamorado del… “

Adrián Alvarez

Unha fermosa experiencia e unhas fermosas palabras.

¡¡NORABOA ADRIAN!!

 

Share Button
This entry was posted in ESCALADA, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • PROGRAMA Eu son DGAN

    eu son dgan

  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2018 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • METEOROLOXÍA