CAMPIONATO DE ESPAÑA POR CLUBES EN PARADA DO SIL O SESTAO ALPINO REVALIDA A SÚA HEXEMONIA EN 2013 O GALEGO FERNANDO ARCA TERCEIRO CLASIFICADO INDIVIDUAL NA PROBA

DSC_0455No incomparable marco do Canón do Sil tivo lugar o pasado domingo o Campionato de España de Carreiras por Montaña de Clubes na súa edición do ano 2013.

A proba comenzou o 6 de outobro as 9 da mañan la VII Canón do sil (Campionato de España por Clubes), con densa neboa e ambente fresco, pero a medida que foi transcurrindo a carreira o calor foi tomando protagonismo ata acadar temperaturas de 24 grados e unha humidade do 45%.

A carreira tiña un percorrido de 33,5 Km. e un desnivel acumulado de 2220 m. positivos. A competición estivo dominada en todo momento por Ionut Zinca.

DSC_0536A proba que recibiu todos o parabéns dos participantes e dirixentes federativos onde participaron 180 corredores de toda a xeografía española rematau  encabezando a clasificación por equipos os conxuntos do Sestao Alpino do País Vasco e CMP Mur i Castell da Comunidade Valenciana acadaron dous meritorios 1º e 2º postos seguidos polo CACUENCA DOLOMIA de Castela-A Mancha.

Na clasificación individual  masculina o orden foi :

1º Ionut Alin ZINCA do Sestao Alpino (Pais Vasco)

2º Alfredo GIL do CMP. Mur i Castell    (Comunidade Valenciana)

3º Fernando Arca do Club de Montaña Xesteiras (Galicia)

A clasificación individual feminina foi a seguinte:

1ª Beatriz Real de  CACUENCA DOLOMIA (Castela-A Mancha)

2ª Lola Peñarrocha de CM  GR33 (Comunidade Valenciana)

3ª Silvia Miralles de CMP Mur i Castell (Comunidade Valenciana)

O primeiros clasificados por equipos foron os seguintes:

1º CLUB SESTAO ALPINO  (País Vasco)

2º CMP. MUR I CASTELL  (Comunidade Valenciana)

3º CLUB CACUENCA DOLOMIA (Castela-A Mancha)

4º CLUB DE MONTAÑA M. GR 33 (Comunidade Valenciana)

5º CLUB EXCURSIONISTA CALLUS (Cataluña)

6º CLUB DE MONTAÑA XESTEIRAS (Galicia)

7º CLUBE DE MONTAÑA RIBEIRA SACRA-VIA XVIII (Galicia)

8º  CLUB DE MONTAÑA TODO  VERTICAL  (Madrid)

DSC_0640

En categoría masculina os corredores galegos acadaron uns meritorios postos 3º, 7º, 12º, 18º, 21º e 25º entre os vintecinco primeiros. En categoría feminina  Sonia e Charo  acadaron os postos 5º e 14º.

A competición contou coa participación de Árbitros Fedme comandados por Goyo Larrañaga (Cooordinador de Arbitros Fedme)  como Delegado  e os Arbitros galegos Manuel Domínguez (Arbitro Principal). Raúl Leirós (Árbitro Auxiliar) e Miquel Martínez de la Comunidad Valenciana como Arbitro de Clasificaciones.

Tanto no Breefing previo a proba como na entrega de premios tomaron parte o Alcalde de Parada do Sil Francisco Magide, o Secretario Xeral de Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (Fedme) Miquel Lusilla, o Presidente da Federación Galega de Montañismo Adolfo Puch e o Director da proba Xosé Antón Vázquez  Presidente do Clube de Montaña Ribeira Sacra e  Cooordinador e Seleccionador Galego de Carreiras por Montaña da F.G.M. .

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA