Campeonato do Mundo de Raquetas de Neve (3 de Marzo de 2018)

O pasado 3 de marzo tivo lugar un gran acontecemento no mundo do montañismo. Desenrolouse por primera vez en España na contorna de Fuente Dé en Cantabria o “Campeonato do Mundo de Raquetas de Neve”organizado por Picos Xtreme co respaldo Federación Internacional de Raquetas de Nieve (WSSF) e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

O percorrido foron uns fermosos 9km onde cometían as categorías masculina e feminina coas subcategorías  junior, senior  e veteranos.

A socia do clube Xesteiras Manuela Torres afincionada o trail de montaña acadou a meritoria MEDALLA DE BRONCE  na categoría  Veterana Absoluta. Contános dun xeito anecdótico que presentouse en Fuente Dé para adestrar as futuras compes de trail e que nunca correra con raquetas pola neve; sendo esta a súa primera toma de contacto.

¡¡Dende a FGM queremos darlle a noraboa a Manuela Torres por acadar esa meritoria  posición no pódium do Campeonato do mundo de raquetas de neve 2018!!

Fonte: Picos Xtreme e David S. Bustamante Fotografía

 

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, CARREIRAS POR MONTAÑA, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • METEOROLOXÍA