ACTIVIDADES PARA OS MÁIS XÓVENES

CAM00284Seguindo o compromiso de apoiar e estimular as actividades adicadas aos máis xóvenes, futuro da nosa federación, facemos este aviso de recordatorio.

Neste mes acumúlanse unha serie de actividades adicadas a os máis xóvenes. A primeira xa se produciu. Primeira proba da copa de escalada base,o sábado día 6 en Vigo, organizada polo Clube Montañeiros Celtas. Daremos información do acontecido nos días vindeiros.

Nunha semana, aproximadamente, chégan dúas acividades coincidentes en datas

  • Campamento infantil e xuvenil, sábado 20 e domingo 21 organizado polo clube Xistra. Esta actividade foi aprazada.
  • Segunda proba da copa de escalada base na cidade de A Coruña o domingo día 21 organizada polo clube AMI.

Na segunda proba da copa base de escalada, tamén farase unha xornadas de portas abertas para que todos os nenos e nenas que o desexen podan esperimentar que é a escalada deportiva en rocódromo. O clube AMI adxuntounos unha ficha para que se cobra e envíe a eles, dita ficha a atopades nesta nota.

Ficha_Inscrición_EscaladaJuvenil2015

Por último lembrarvos que no vindeiro mes, na semana do 13 ao 17 de xullo desenvolverase o campamento de actividades de montaña para os xóvenes. En vindeiros días recibiredes información detallada aos correos dos clubes e colgarase así mesmo información na web.

 logo_Deporte_Xunta

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2018 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • METEOROLOXÍA