ACTIVIDADES DE ALTO NIVEL DOS FEDERADOS GALEGOS

O alpinista galego José Carlos Romay atópase nos Andes chilenos na zona do Cerro Marmolejo ca intención de escalar e abrir novas rutas escalada en xeo, cascadas. Está acompoñado pola alpinista oscense Cecilia Bull. Ambos están a escalar nunha altura de 4.000 metros, seiscentos metros por riba do Aneto e a altura da Aiguille de Bionassay. Desexamos que a meteoroloxía sexa benóvola e podan abrir rutas de xeo ben interesantes pola lonxitude, a ubicación e pola súa dificultade. Nunha das imáxenes recibidas podemos ver a José Carlos cunha das cascadas a súas costa dunha dificultade estimada de grao 6. Ó final desta aventura informarémosvos con detalle.
Resumo da actividade de alto nivel feita por José Isidro nos Andes chilenos na zona do Cerro Marmolejo [pdf]

Este inverno pasado, concretamente no mes de febreiro, o federado galego, José Romay “Josito”, encadeou unha escalada en xeo de referencia en Europea, “Lipton Ice WI 7” na zona noruega de Rujkan. Son 130 metros de escalada en xeo de alta dificultade na que o escalador ten que ir superando unha sucesión de teitos onde se pon a proba as capacidades físicas e técnicas do escalador. Josito gran escalador de rocha e mellor alpinista, repetiu a vía dúas veces, xa que ista escalada foi feita para o programa do “Al filo de lo imposible” nun período de tempo no que as temperaturas pasaron de estar baixo cero a sobre cero, interrumpindo por unha xornada a escalada. Acompañou a Josito nesta escalada, Cecilia Buil, escaladora oscense tamén de alto nivel. Os dous encadearon a vía en días distintos. Coma federación estamos moi ledos que federados galegos estean asentados no alto nivel dos deportes de montaña. Desexamos que as ganas de seguirá escalando estean durante moitos anos no espíritu de Josito. Grazas por ista realización.

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, ALPINISMO. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • METEOROLOXÍA