Federación Galega de Montañismo
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

  Inicio   >>    Comunicados

Comunicado do 14/02/2012

Despois de manter varias reunións cos presidentes dos clubs, a FGM detectou a necesidade dunha figura imprescindible para seguir desenvolvendo o noso deporte entre xoves e montañeiros experimentados, o Monitor de Rocódromo.

Xorde esta necesidade a consecuencia da lentitude do proceso da implantación das formacións oficiais de Técnicos Deportivos de Montaña, impedindo que moitos federados interesados teñan opcións a poder formarse.

Neste momento os técnicos da EGAM están a traballar no deseño do curso, e nun tempo aproximado de dous meses, colgaremos a convocatoria na páxina web da FGM informando con detalle os requisitos de acceso, os contidos, o lugar de celebración, o prezo da matrícula e demais detalles.


 

Copyright © Federación Galega de Montañismo | Páxina oficial da FGM | Condicións de uso

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209 - VIGO - GALICIA
Telf.: 986 20 87 58 - Fax: 986 20 74 07
info@fgmontanismo.com

webmaster@fgmontanismo.es