3º Xornada divulgación Marcha nórdica: Ourense

O pasado sábado día 24 de Febreiro a vogalía de Marcha Nórdica da FGM estivo presente na existosa terceira xornada destinada a divulgación desta nova modalidade deportiva.

Nesta ocasión a xornada realizouse na cidade de Ourense e estivo organizada pola Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU) e “La Región” coa colaboración das  profesionais en marcha nórdica, Cristina Gonzalez  e Cecilia Garcia Carrara, ambalas duas profesionais desta Federación.

Saída dende o pabellón dos Remedios Charla técnica: Cristina González Foto: Martiño Pinal

A actividade despertou moitísimo interese, acercáronse unas 100 persoas que tiveron a posibilidade de coñecer a actividade e gozar dunha mañá  pracenteira practicando un deporte saudábel e o alcance de tod@s.

Foto: Martiño Pinal

A partires de este intre,  ASESOU poñerá a disposición dos seus socios e todas aquelas persoas que estén interesadas actividades de marcha nórdica no seu almanaque deportivo.

Foto: Martiño Pinal

¡Dende a vogalía de Marcha Nórdica, agradécese o interese e a disposición dos difererentes clubes federativos para a divulgación da Marcha Nórdica!

Informando que de seguido faranse actividades similares no Barco de Valdeorras, Ferrol e Pontevedra.

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, MARCHA NÓRDICA, SENDEIRISMO, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2018 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • METEOROLOXÍA