2ª Ruta Solidaria “SOMOS”

O vindeiro 19 de novembro o Club de montaña Formigueiros orgazanizan a 2º Ruta solidaria “SOMOS unidos por el cancer”. Convidan  a soci@s e público en xeral a realizar a segunda ruta do club cun fin solidario para colaborar coa asociación sen ánimo de lucro SOMOS Unidos por el cáncer, unha asociación centrada en dar apoio ás persoas con cáncer e os seus familiares.

Dispoñen dun piso para aqueles desprazados por mor dos tratamentos, nenos prematuros, etc. Un espazo gratuíto onde descansar, cociñar, lavar a roupa e pernoctar.

A idea da ruta e que poida ser apta para todo o mundo, acostumado a camiñar, e que poda ser feita por nenos, cada un deles acompañado por un adulto que en todo momento se faga responsable.

A ruta solidaria “SOMOS” trátase dunha das rutas máis clásicas da Serra do Caurel. A ruta parte de Vilamor, desncende ao río Lor e volve a subir cara a Vilar do Caurel; dende esta aldea na que poderemos visitar a colección etnográfica de Xan de Vilar, iremos cara ao castro de Vilar, que poderemos cotemplar en todo o seu eplendor e grandeza. Dende o castro de novo volveremos a baixar ao río Lor para cruzalo e subir lixeiramente ata Froxán, aldea BIC con numerosos encantos. Volveremos cara a Vilamor usando pistas e camiños vellos que nos permitirán seguir disfrutando das paisaxes espectaculares do outono na Serra do Caurel.

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, SENDEIRISMO, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA