1º Clube de Marcha Nórdica en Galicia

Dende o pasado mes de febreiro constituíuse o primeiro Clube  de Marcha Nóridca en A Coruña, baixo o abrigo da “Federación Española de deportes de Montaña y Escalada” (FEDME) e da “Federación Galega de Montañismo” (FGM)

A Marcha Nóridca chega a Coruña a finais do ano 2012 grazas a Regina Basadre, alumna e amiga de Cecilia Garcia Carrara. A partires de este intre, Cecilia profesional da actividadae física e o deporte comeza a dinamizar a actividade pola cidade.

En Marzo de 2017, gracias ao apoio do “Consorcio de Turismo”, o Concello da Coruña e a FGM, a cidade acolle a primeria proba puntuable de ranking FEDME de marcha nórdica, e dende aquí, esta actividade comeza a popularizarse pola cidade.

A día de hoxe, somos ao redor de 80 persoas practicando esta modalidade deportiva pola Coruña e contorna, tendo así a necesidade de dar un paso máis e crear un clube no cal se poida dar amparo federativo a tod@s participantes deste deporte.

Dende este momento o clube xa tramita licenzas federativas a todas as persoas que estén practicando esta modalidade deportiva.

Dende este clube se traballará coordinadamente coa Federación Galega de Montañismo para dinamizar este deporte.

O contacto co clube por se hai alguén interesado:

Club Marcha Nórdica en A Coruña
Presidenta: Araceli Zubiaurre Rodriguez  
clubmarchanordicacoruna@gmail.com

Share Button
This entry was posted in ACTIVIDADES, MARCHA NÓRDICA, Varios. Bookmark the permalink. Follow any comments here with the RSS feed for this post. Both comments and trackbacks are currently closed.
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2018 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2018 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • METEOROLOXÍA